
© Concello de Ribadumia
Barrantes queda co primeiro premio do concurso de catas da 50 Festa do Viño Tinto do Salnés

Por Redacción

© Concello de Ribadumia

© Concello de Ribadumia
O concurso das catas finais da 50 edicición da Festa do Viño Tinto do Salnés e Exaltación dás Variedades Autóctonas xa ten gañadores.
A esta edición presentáronse 115 viños tipo Barrantes e 31 autóctonos co seguinte resultado.
Gañadores de Viño Tinto:
1. Marina Porto Vázquez (Barrantes)
2. Jose Barros Vázquez (Sisán)
3. Ramón Pintos Mougán (Besomaño)
4. David Gondar Villanueva (Ribadumia)
5. Rafael Núñez Serantes (Ribadumia)
6. Daniel Gondar Villanueva (Ribadumia)
Gañadores autóctonos:
1. Bodega A Capitana (Cambados)
2. Francisco Javier Vieites Santos (Corbillón)
3. Marcelino Serantes Escudeiro (Barrantes)
4. Carmelo Vieites Santos (Corbillón)
5. D’Arvelos (Villalonga)
6. Antonio Gondar Moldes (Meaño)
Desde o Concello de Ribadumia agradecen a elevada participación dos profesionais das adegas durante este ano e ao comité de catas no proceso de selección.
Este domingo a festa volve presentar numerosas actividades coa VI Andaina Solidaria; animación polas rúas; showcooking; a misa cantada pola Coral Santa Mariña de Cambados, Os Carballeiras e Volandeira. Tamén haberá Sesión Vermú co Grupo Acibeche.
Durante a tarde, a praza do Concello acolle espectáculos de clown e circo cunha Disco Móbil Infantil. Ás 19.30 horas será o concerto de Añoranza e M.80, para finalizar coa verbena a cargo da orquestra Panorama e fogos artificiais
Relacionadas:
-
Xosé Rañó, gañador do primeiro concurso de fotografía da festa do Viño Tinto de Ribadumia
Por Redacción |
-
Ribadumia presenta os valedores do 50 aniversario da Festa do Viño Tinto do Salnés
Por Redacción |
-
Xa hai gañador do concurso de tapas e petiscos da Festa do Tinto do Salnés
Por Redacción |
-
Combo Dominicano, Treixadura e Panorama farán vibrar a 50 Festa do Viño do Salnés
Por Redacción |
-
Ribadumia instalará un Punto Violeta durante a Festa do Tinto e fará unha campaña contra a violencia sexista
Por Redacción |