![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/cec/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/647b58f1b4-valedores.jpg)
© Concello de Ribadumia
Ribadumia presenta os valedores do 50 aniversario da Festa do Viño Tinto do Salnés
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/8c8/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/647b5891b1-230603_cabarcos_vino_salnes_2-valedores.jpg)
© Xunta de Galicia
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/b07/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/647b5fa875-0043.jpg)
© PontevedraViva
Na mañá deste sábado 3 de xuño eran nomeadas as nove persoas que se converten en valedores do viño tinto dentro da celebración en Ribadumia da Festa do Viño Tinto do Salnés e Exaltación dás Variedades Autóctonas.
Centos de persoas asistiron a este acto dentro dos eventos programados con motivo do cincuenta aniversario desta festa tradicional. Celebrábase a cata final e o acto de investidura probando doce viños tipo Barrantes e doce de tipo autóctono. Entre o público tamén houbo degustación gratuíta de viño e de pan de millo.
Os valedores neste 2023 son José Luis Cabarcos Corral, director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria; José Luis Aragunde Soutullo; José Abal Vázquez: Eusebio Baña Rivas, vinculado toda a súa vida á produción de viño tinto: Juan Luís Álvarez; Edelmiro Martínez Rodiño; Elena Ferro Lamela, zoqueira que ten un modelo de zocos denominados Barrantes; Javier Jamarco Costas e María Luisa Cousido Maquieira, que se converte en valedora cincuenta anos despois de que o seu pai gañase o primeiro premio da Festa do Tinto.
Todas estas persoas, segundo a organización, están relacionadas coa festa por tradición, afección ou circunstancias persoais e expuxeron #ante o público as súas anécdotas co viño de Barrantes. Tamén se realizaba nesta xornada unha homenaxe aos históricos desta festa coa presenza do alcalde durante a primeira edición, Carmelo Barreiro.
O actor Luís Zahera, co seu característico humor, foi o encargado de ler o pregón. O gañador de dous premios Goya, o máis recente por 'As Bestas', destacou esta celebración histórica e reivindicou o viño da zona.
David Castro, alcalde de Ribadumia, destacaba a presenza de máis dun centenar de viños na cata e os numerosos eventos que durante esta fin de semana desenvólvense no municipio como o xantar popular no que participaron máis dun milleiro de persoas, concertos como o de Treixadura e actuacións de orquestra como Panorama, que pechará a programación na noite do domingo.
50 edición da Festa do Viño Tinto do Salnés
Neste 2023 celébrase o cincuenta aniversario desta festa en Ribadumia co nomeamento de nove valedores e diversas actuacións musicais
© PontevedraViva