Falece unha muller en Ribadumia tras incendiarse a cociña da súa casa
Por Redacción
Unha veciña de Sisán de 67 anos faleceu na tarde deste mércores pouco despois de que se producise un incendio na cociña da súa vivenda.
Segundo informou o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 Galicia, o incendio afectou a unha cociña de gas e á campá extractora e foi apagado polos mesmos particulares que se atopaban na casa.
Os membros do Servizo Emerxencias de Cambados informaron que o incendio se orixinou sobre as tres e media da tarde nunha vivenda situada no Barroso, no concello de Ribadumia.
Concretamente foi o fillo da vítima o que, ao ver o fume, entrou na vivenda e apagou o lume despois de sacar á súa nai fóra do inmoble. Sufocado o incendio, cando o home saíu da casa comprobou que a muller se atopaba mal, polo que avisou aos servizos sanitarios. Tamén acudiron no seu auxilio varios veciños.
Ao lugar do suceso chegou unha ambulancia do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 co seu equipo médico e medios sanitarios do Concello que trataron sen éxito de reanimar á muller.
Tamén estivo no lugar unha patrulla da Garda Civil.
Relacionadas:
-
Un incendio nunha impresora provoca danos nunha vivenda de Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |
-
Liberan unha muller en Nantes, atrapada entre un valado e unha parede
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Un novo incendio calcina dous coches abandonados nun aparcamento xunto ao parque de Tafisa
Por Diego Espiño |
-
Dúas persoas feridas ao saírse da estrada en Caldas de Reis e impactar cunha árbore e un poste
Por Anxo Lourido |
-
Liberan unha muller atrapada no interior dun coche tras dar varias voltas de campá na Variante de Marín
Por Oskar Viéitez |