Liberan unha muller en Nantes, atrapada entre un valado e unha parede
Por Redacción
Os servizos de emerxencia lograban rescatar na tarde deste martes unha muller en Sanxenxo que se caera nunha leira, quedando atrapada entre un valado e unha parede, segundo informa o servizo do 112 Galicia.
Un pé da muller quedara encaixado baixo unhas pedras nun pequeno oco do terreo, que se atopa situado no lugar do Santo, na parroquia de Nantes.
Unha persoa particular alertara ao 112 da situación arredor das 17.30 horas e ata o lugar se desprazaba o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que conseguía liberar a muller.
A continuación, a vítima foi evacuada ao Punto de Atención Continuada de Sanxenxo para que fose atendida das feridas. Tamén se mobilizaron os efectivos do GES de Sanxenxo, pero non foi necesaria a súa intervención, ao igual que a dos axentes da Garda Civil, alertados polo sevizo de Emerxencias.
Relacionadas:
-
Atropelo múltiple en Vilanova de Arousa ao irromper un coche na carpa de festas
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Falece unha muller en Ribadumia tras incendiarse a cociña da súa casa
Por Redacción |
-
Dúas persoas feridas ao saírse da estrada en Caldas de Reis e impactar cunha árbore e un poste
Por Anxo Lourido |
-
Trasladan unha muller a Montecelo tras caer dunha altura de dous metros en Vilaboa
Por Redacción |