VÍDEO.- Un novo incendio calcina dous coches abandonados nun aparcamento xunto ao parque de Tafisa
Por Diego Espiño
Segundo incendio en menos dunha semana nun dos aparcamentos situados na zona do parque de Tafisa, xunto á Avenida de Bos Aires.
Os servizos de emerxencia, con dotacións de Bombeiros e Policía Local de Pontevedra, tiveron que mobilizarse este luns 1 de maio ao declararse un incendo en dous coches abandonados no lugar.
Sucedeu pouco despois das 19.30 horas da tarde, provocando certa expectación pola fumareda que se levantou e ao tratarse dun momento no que moitos pontevedreses gozaban da agradable xornada paseando pola zona.
O lume afectou dous turismos, en estado de abandono, estacionados no lugar, xusto á beira doutro coche que foi pasto das chamas hai escasos días e cuxo suceso evidenciou o malestar veciñal por esta situación.
De feito o concelleiro de Desenvolvemento Sostible do Concello de Pontevedra, Iván Puentes, sinalou entón que estes coches, con informe oficial de abandono "témolos declarados como residuos sólidos urbanos e tan pronto como adxudiquemos o novo contrato serán retirados inmediatamente da vía pública".
Os Bombeiros puideron sufocar por completo as chamas en pouco tempo evitando que se producisen máis danos.
Relacionadas:
-
Falece unha muller en Ribadumia tras incendiarse a cociña da súa casa
Por Redacción |
-
Arrestado un veciño de Poio por un grave altercado no que agrediu a varias persoas e chegou a autolesionarse
Por Oskar Viéitez |
-
En busca e captura un home que agrediu a súa parella
Por Oskar Viéitez |
-
Malestar pola inseguridade que provoca a acumulación de coches abandonados en Tafisa
Por Manu Otero & Mónica Patxot |