En busca e captura un home que agrediu a súa parella
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
As forzas e corpos de seguridade buscan un home como autor dun delito de violencia de xénero.
O suceso tivo lugar ás 8.30 horas do pasado domingo 30 de abril nunha vivenda do lugar de Reiríz, na parroquia pontevedresa de Alba.
A vítima chamou á Policía desde a casa dunha veciña onde se refuxiou despois de ser agredida e ameazada por parte do seu cónxuxe.
A parella chegou á súa casa e houbo un forte discusión que derivou nun forcexo.
O home fuxiu do lugar, está identificado pero non foi detido.
PREOCUPACIÓN
A portavoz do Goberno local, Anabel Gulías quixo chamar a atención sobre "unha situación que nos preocupa e que nos ten fartas": a violencia machista.
"É frustrante porque é difícil asumilo como muller, como representante política e incomprensible dende todos os puntos de vista que haxa partidos políticos ou a sociedade que actuen como cómplices da violencia machista negando os feitos obxectivos, as mortes, as amenzas e as lesións", explicaba a portavoz do Goberno.
"A violencia machista existe, e é obriga das institucións e da sociedade impedila", indicou "e hai que recordarlle ás vítimas que non están solas, que poden utilizar todos os sistemas que a administración ten habilitados". Tamén se referiu aos agresores e confirmou que se teñen que sentir "sinalados, que sintan que son obxecto do enfado e da acción contundente de Pontevedra, e da sociedade en xeral".