![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/dfa/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/6467a9623d-whatsapp-image-2023-05-19-at-17.15.38.jpeg)
© Concello de Sanxenxo
Un incendio nunha impresora provoca danos nunha vivenda de Sanxenxo
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
O Concello de Sanxenxo informou dun incendio rexistrado este venres nunha vivenda unifamiliar de Rouxique.
O lume e o fume causaron danos materiais pero, afortunadamente, non se produciron feridos.
O lume iniciouse no ático da vivenda sobre as catro da tarde. Probablemente provocado por unha impresora, segundo apuntou o Concello de Sanxenxo sobre a posible orixe.
Na extinción deste incendio interveu o servizo de Emerxencias de Sanxenxo.
Víronse afectadas por este sinistro o ático, unha habitación e a primeira planta da vivenda.