Quirónsalud Miguel Domínguez reforza os servizos de Traumatoloxía, Radioloxía e Pneumoloxía con novos médicos
O Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez reforzou o seu cadro médico coa incorporación de tres profesionais nas especialidades de Traumatoloxía, Radioloxía e Pneumoloxía, para dar resposta á elevada demanda nestes servizos no hospital, así como no Instituto de Neuro-rehabilitación e no Centro de Rehabilitación.
O crecemento da esperanza de vida, que en Galicia se sitúa en 83 anos (86,3 en mulleres e 80,4 en homes), e o incremento da práctica multideportiva elevou a demanda de consultas e probas nestas especialidades.
TRAUMATOLOXÍA, REFERENTE EN GALICIA
O doutor Ovidio Alonso Baena Olascoaga incorporouse ao servizo de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía como especialista en artroscopia de xeonllo e ombreiro, e no tratamento ecoguiado. Alonso desenvolverá a súa actividade baixo a supervisión de Francisca González Roncero, coordinadora do Servizo, e xunto ao prestixioso equipo de traumatólogos Alberto Domínguez Vaz, José Antonio González Osorio, José Manuel Feijoo, Ana Belén Domínguez, José Manuel Barragáns, José María Costas e Juan José García Cota.
O servizo de Traumatoloxía de Quirónsalud é un dos equipos máis completos da sanidade privada en Galicia para a abordaxe de calquera patoloxía. Destaca a súa ampla traxectoria no tratamento e recuperación de lesións de deportistas de alto rendemento.
AMPLA OFERTA DE PROBAS DIAGNÓSTICAS
Pola súa banda, o doutor David Pereira Barreiro, que ten unha ampla formación e experiencia no campo da ecografía músculo esquelética, achegará valor engadido ao servizo de Diagnóstico por imaxe que está composto por catro médicos especialistas: Andrés Pardo, María Teresa Toscano e Miguel Ramón Antonio Puig. O hospital dispón dunha ampla oferta de probas diagnósticas con dúas resonancias magnéticas (alto campo e aberta), TAC, 4 ecógrafos (4D), mamógrafo de alta resolución, radioloxía convencional, ortopantomógrafo e densitómetro.
ROBUSTECER PNEUMOLOXÍA
A doutora Marta Torres Sánchez é médico especialista en pneumoloxía e ata 2021 realizou estancias formativas en Lyon, Barcelona e Valencia en ventilación pulmonar e técnicas respiratorias. Incorpórase ao equipo de Quirónsalud para reforzar o equipo de Pneumoloxía, que conta coa doutora Yolanda Otero como referente. A súa misión é dar resposta ás necesidades tanto dos pacientes do hospital como do Instituto de Neuro-rehabilitación Quirónsalud.
RECENSIÓNS CURRICULARES
Ovidio Alonso Baena é Licenciado en Medicina pola Pontificia Universidade Javeriana en Bogotá (Colombia). Membro da Asociación Española de Artroscopia (AEA) e da Sociedade Española de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía (SECOT). Ata a súa incorporación en Quirónsalud desenvolveu a súa actividade profesional como cirurxián ortopédico e traumatológico no Hospital Povisa.
David Pereira é Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela. Formouse como especialista en Radioloxía no Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP) onde desenvolveu ata o de agora a súa actividade profesional.
Marta Torres é graduada en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela. Formouse como especialista en Pneumoloxía no Complexo Hospitalario de Ourense e desenvolveu a súa carreira profesional no Hospital Quirónsalud A Coruña. É membro da Sociedade Española de Pneumoloxía-SEPAR e da Sociedade Europea ERS.
SOBRE QUIRÓNSALUD
Quirónsalud é o grupo hospitalario líder en España e, xunto co seu matriz Fresenius-Helios, tamén en Europa. Ademais da súa actividade en España, Quirónsalud está tamén presente en Latinoamérica, particularmente en Colombia e Perú.
Conxuntamente, conta con máis de 45.000 profesionais en máis de 180 centros sanitarios, entre os que se atopan 58 hospitais con máis de 8.000 camas hospitalarias. Dispón da tecnoloxía máis avanzada e dun gran equipo de profesionais altamente especializado e de prestixio internacional. Entre os seus centros, atópanse o Hospital Universitario Fundación Jiménez Díaz, Centro Médico Teknon, Ruber Internacional, Hospital Universitario Quirónsalud Madrid, Hospital Quirónsalud Barcelona, Hospital Universitario Dexeus, Policlínica Gipuzkoa, Hospital Universitari General de Catalunya, Hospital Quirónsalud Sagrado Corazón, etc.
O Grupo traballa na promoción da docencia (dez dos seus hospitais son universitarios) e a investigación médico-científica (conta co Instituto de Investigación Sanitaria da FJD, acreditado pola Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación).
Así mesmo, o seu servizo asistencial está organizado en unidades e redes transversais que permiten optimizar a experiencia acumulada nos distintos centros e a translación clínica das súas investigacións. Actualmente, Quirónsalud está a desenvolver multitude de proxectos de investigación en toda España e moitos dos seus centros realizan neste ámbito un labor punteiro, sendo pioneiros en diferentes especialidades como oncoloxía, cardioloxía, endocrinoloxía, xinecoloxía e neuroloxía, entre outras.
Relacionadas:
-
Quirónsalud pon en marcha a Unidade da Dor para mellorar a calidade de vida de pacientes con dor crónica
Por Noticia patrocinada |
-
Quirónsalud abrirá un novo centro médico accesible e sostible na Rúa San Pedro Alcántara
Por Noticia patrocinada |
-
Mi Quirónsalud, unha aplicación para xestionar a saúde de toda a familia
Por Noticia patrocinada |
-
Quirónsalud amplía especialidades cun novo servizo de Dermatoloxía ante a elevada demanda de consultas
Por Noticia patrocinada |
-
Quirónsalud e a Sociedade Española de Técnicos Superiores imparten en Galicia unha formación en ecografía
Por Noticia patrocinada |
-
Cirurxía bariátrica para gañar en saúde e calidade de vida
Por Noticia patrocinada |
-
Quirónsalud amplía a súa carteira de servizos cunha unidade de cirurxía maxilofacial e odontoloxía
Por Noticia patrocinada |
-
Unidade de convalecencia, a recuperación tras unha operación ou enfermidade e un apoio para as familias
Por Noticia patrocinada |
-
O láser Holmium garante a eliminación dos cálculos urinarios de forma segura e rápida
Por Noticia patrocinada |
-
Terapia de ondas de choque, unha solución non invasiva para o dor músculo-esquelético cun 80% de efectividade
Por Noticia patrocinada |