Mi Quirónsalud, unha aplicación para xestionar a saúde de toda a familia
Os centros sanitarios de Quirónsalud en Pontevedra uníronse á aplicación Mi Quirónsalud, un espazo privado desde o que se poden pedir ou modificar citas, recibir recordatorios, coñecer o resultado das probas diagnósticas con acceso a imaxes e informes, xerar xustificantes de asistencia, axendar revisións non presenciais mediante consultas dixitais e consultar na súa totalidade a súa historia clínica persoal.
Os usuarios destacan a comodidade e a rapidez para solicitar citas cos especialistas e o aforro de tempo que achega o uso desta app.
Mi Quironsalud pode descargarse en calquera dispositivo móbil ou tablet de forma gratuíta desde Google Play ou desde a Apple Store e evita desprazamentos innecesarios e esperas no centro. Preto de 6 millóns de usuarios en toda España xa a descargaron.
O HOSPITAL, MÁIS PRETO
"O usuario terá un maior protagonismo na xestión da súa saúde e poderá adaptar os servizos asistenciais ás necesidades de cada momento, por exemplo, cambiar unha cita porque lle xurdiu un compromiso ineludible ou consultar o resultado dunha proba sen ter que desprazarse ao centro" explicou Carlos Villar, director médico do Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez.
"O paciente ten toda a información á súa disposición de forma privada, rápida e sinxela, ademais ten a posibilidade de compartir esa información no caso de que queira ter unha segunda opinión médica ou ao revés, pode solicitar cita cun especialista en procura dun contraste de diagnóstico previo. Tamén existe a posibilidade de establecer accesos compartidos para que un usuario permita que outra persoa, por exemplo, o seu cónxuxe ou os seus fillos, xestionen a súa conta, ou que os pais xestionen as dos seus fillos menores de idade", subliñou o doutor Villar.
DARSE DE ALTA EN TRES PASOS
Para acceder ao espazo persoal de Mi Quirónsalud é necesario darse de alta na plataforma en tres sinxelos pasos: acceder a quironsalud.es ou ben descargarse a app de Quirónsalud no móbil ou a tablet, acceder a Mi Quironsalud e, por último, rexistrarse como usuario.
"Aínda que a aplicación é moi intuitiva, no hospital ofrecemos axuda a todas aquelas persoas que teñan calquera dúbida. O equipo de admisión pode axudar no proceso de alta e descarga da aplicación no móbil" explicou María Lores, responsable do Servizo de Admisión do Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez. Ademais, nos accesos ao centro polos servizos de Urxencias ou Consultas Médicas existe persoal ao que calquera persoa pode dirixirse para pedir colaboración no proceso.
OUTRAS FUNCIONALIDADES
Mi Quirónsalud tamén ofrece diferentes programas de saúde, con apartados específicos, por exemplo, o de nutrición pensado para coñecer de forma áxil e rápida os procesos asistenciais recorrentes mediante plans de citas, dietas, visualización ou subida de imaxes. Ferramentas que, sen dúbida, melloran a accesibilidade e súmanse a outras habilitadas no último ano son as citas para axilizar o proceso dermatolóxico (Telederma), que permite tras a avaliación das imaxes por parte do médico, recibir un informe diagnóstico para lesións ou cadros dermatolóxicos.
Todas estas funcionalidades teñen como obxectivo ofrecer servizos de valor, entre os que tamén se atopan campañas informativas sobre alerxias e intolerancias alimentarias.
Ademais, outra das utilidades máis avanzadas de Mi Quirónsalud é a posibilidade de establecer un contacto directo en liña co especialista a través de distintas canles como o chat, a videoconsulta e formularios específicos sen necesidade de acudir á consulta.
- Páxina de descarga da app:
Relacionadas:
-
Quirónsalud pon en marcha a Unidade da Dor para mellorar a calidade de vida de pacientes con dor crónica
Por Noticia patrocinada |
-
Quirónsalud Miguel Domínguez estrea un novo servizo de teledermatoloxía
Por Redacción |
-
Ignacio Lojo, cirurxián vascular en Quirónsalud, entre os 50 médicos máis valorados da sanidade privada segundo Top Doctors
Por Noticia patrocinada |
-
Quirónsalud abrirá un novo centro médico accesible e sostible na Rúa San Pedro Alcántara
Por Noticia patrocinada |
-
Quirónsalud amplía especialidades cun novo servizo de Dermatoloxía ante a elevada demanda de consultas
Por Noticia patrocinada |
-
Quirónsalud e a Sociedade Española de Técnicos Superiores imparten en Galicia unha formación en ecografía
Por Noticia patrocinada |
-
Quirónsalud Miguel Domínguez reforza os servizos de Traumatoloxía, Radioloxía e Pneumoloxía con novos médicos
Por Noticia patrocinada |