Cirurxía bariátrica para gañar en saúde e calidade de vida
Galicia é unha das comunidades autónomas coas taxas máis altas de obesidade (26,7%), segundo os datos do Estudo Nutricional da Poboación Española (ENPE). O 70% dos casos cúranse grazas ás técnicas da cirurxía da obesidade, coñecida como cirurxía bariátrica.
É o tratamento máis efectivo para esta enfermidade e pode incrementar a expectativa de vida entre un 5% e un 10%. A Sociedade Americana de Diabetes tamén recomenda esta cirurxía para tratar esta enfermidade.
CIRURXÍA SEN ESPERAS
O doutor Jesús Sánchez Nebra, xefe da Unidade de Obesidade do Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez, explica que “é vital realizar unha avaliación médica inicial personalizada, deste xeito, podemos recomendar a cirurxía máis adecuada para cada persoa e iniciar o tratamento de forma inmediata”. Durante o proceso o paciente está acompañado pola psiquiatra, Tania Blanco, e o especialista en nutrición, Carlos Regueiro.
Existen múltiples técnicas de cirurxía bariátrica que se poden clasificar en restritivas, aquelas que acurtan o tamaño do estómago; malabsortivas, que reducen a absorción de alimentos; e as mixtas. “Sempre que sexa posible, recomendo a cirurxía restritiva, en concreto, a gastrectomía tubular coñecida como manga gástrica porque non produce ningún déficit alimenticio”, indica o doutor Sánchez Nebra. Esta técnica consiste en reducir o estómago dándolle forma tubular, o que minimiza significativamente o volume da inxesta e a sensación de fame.
A perda de peso máis importante prodúcese durante os primeiros 6 meses, pero prolóngase ata o ano ou ano e medio da intervención, momento no que se estabiliza o peso. O seguimento postoperatorio, un control nutricional e psicolóxico é fundamental para manter esta perda de quilos no tempo e evitar a "reganancia" de peso.
Na Unidade de Obesidade do Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez a primeira consulta é gratuíta e sen compromiso
Na Unidade de Obesidade tamén se realizan outras técnicas como o balón intragástrico, o bypass gástrico, a sleeve gatrectomy ou o cruzamento duodenalgástrico. A primeira consulta é gratuíta e sen compromiso.
A Sociedade Española de Cirurxía da Obesidade recomenda a cirurxía bariátrica xa que, a pesar de ser un procedemento complexo, ten unha taxa de complicacións baixa (<3%), similar a outros procedementos cirúrxicos, e un risco de mortalidade inferior ao 0,2%.
UN ANO DE CONTROL E SEGUIMENTO
A cirurxía da obesidade implica cambios moi importantes nos hábitos de alimentación que requiren dun período de adaptación. O tratamento nesta Unidade de Obesidade inclúe seguimento psiquiátrico e nutricional durante un ano, despois da intervención cirúrxica. “Ocupámonos de todo o proceso: asesoramento, control e seguimento previo á cirurxía e acompañamento posterior.”
O equipo da Unidade ofrece toda a información ao paciente para que coñeza o obxectivo terapéutico en cada etapa do proceso e o presuposto pechado.
O éxito da cirurxía da obesidade demanda que se realicen cambios nos hábitos de vida e alimenticios. Non hai fórmulas milagrosas, é necesario afacerse a uns hábitos saudables para toda a vida.
MÁIS CALIDADE DE VIDA
Os pacientes que se someten a unha cirurxía da obesidade obteñen un conxunto de beneficios para a súa saúde de maneira inminente
Xunto á redución do peso e o índice de masa muscular, os pacientes que se someten a unha cirurxía da obesidade obteñen un conxunto de beneficios para a súa saúde de maneira inminente como a remisión das comorbilidades, a redución da mortalidade e o incremento da calidade de vida, unha das grandes demandas destes pacientes.
Esta cirurxía tamén ofrece outros beneficios como a redución de mortes prematuras, a reinserción no mercado laboral, o aumento da capacitación profesional e a diminución das baixas laborais.
Ademais, a Sociedade Española de Cirurxía da Obesidade sinala tamén o aforro en medicamentos e en prestacións sanitarias.
Consulta información sen compromiso: Obesidade | Hospital Quirónsalud Pontevedra.
Relacionadas:
-
Quirónsalud amplía especialidades cun novo servizo de Dermatoloxía ante a elevada demanda de consultas
Por Noticia patrocinada |
-
Propoñen un enfoque médico multidisciplinar para combater a 'epidemia' da obesidade
Por Noticia patrocinada |
-
Quirónsalud e a Sociedade Española de Técnicos Superiores imparten en Galicia unha formación en ecografía
Por Noticia patrocinada |
-
Quirónsalud Miguel Domínguez reforza os servizos de Traumatoloxía, Radioloxía e Pneumoloxía con novos médicos
Por Noticia patrocinada |
-
Rexuvenece o teu rostro, agora é o mellor momento
Por Noticia patrocinada |
-
Deter o reloxo da túa pel é posible seguindo estes consellos expertos
Por Noticia patrocinada |
-
A solución médica e segura para quitarse o 'flotador'
Por Noticia patrocinada |