Nova vida para o renovado Lavadoiro de Mogor
Por Redacción
A protección e a posta en valor dos elementos patrimoniais é fundamental para coñecer a historia dunha vila. Dous deses elementos, a fonte e o lavadoiro de Mogor, están a ser obxecto dunha actuación que persegue precisamente eses obxectivos.
Trátase de elementos etnográficos catalogados, que a día de hoxe seguen sendo moi utilizados pola veciñanza da zona e doutros lugares, tanto para recoller auga da fonte como incluso para utilizar o lavadoiro para lavar.
A alcaldesa, María Ramallo, e os concelleiros Cristina Acuña e Pablo Novas fixeron este venres unha visita de obra ata o lugar, no que renovouse toda a cuberta e reestruturouse o terreo anexo. As obras están nun estado moi avanzado de execución, a falta duns traballos finais.
En todo momento, restauráronse os elementos catalogados facendo a mínima intervención posible e utilizando técnicas e materiais tradicionais que non afectaron á estética.
Creouse ademais unha estrutura en madeira embelecedora para o bombeo e colocáronse varios bancos na contorna.
A inversión prevista é de 115.215 euros, que se realizará con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Piden un "camiño escolar seguro real" para os centros escolares Chan do Monte e San Narciso
Por Redacción |
-
Marín inicia o proceso para a restauración do lavadoiro e a fonte de Mogor
Por Redacción |
-
O lavadoiro da Fonte do Castiñeiro, en Mogor, estrea nova imaxe despois da súa limpeza
Por Redacción |
-
O Concello de Marín restaurará o lavadoiro e a fonte de Mogor
Por Redacción |