Suspenden a folga en Ambulancias Civera
Por Anxo Lourido
Minutos antes das 23.00 horas deste luns 9, a asemblea de traballadores de Ambulancias Civera decidía por unanimidade suspender a folga indefinida prevista para o martes 17 de xaneiro na empresa concesionaria do servizo de transporte sanitario programado e dos traslados intrahospitalarios nas áreas de Pontevedra e do Salnés.
A decisión adoptábase despois de que a empresa prometera o pago do salario completo do mes de decembro a todo o persoal. Ata o momento, segundo Xavier Aboi, representante da FGAMT-CIG de Pontevedra, só recibiron o diñeiro catro traballadores das 92 persoas que forman o equipo de empregados de Ambulancias Civera.
Por este motivo, Aboi alerta á dirección da empresa de que se retomará a convocatoria de folga se non cobra o soldo completo o resto de empregados. "A empresa incumpriu ducias de acordos", afirma o representante sindical despois da asemblea.
Este martes 10, o comité de empresa manterá unha reunión co avogado da entidade de transporte sanitario e os representantes sindicais confían en que, ao longo da mañá, todos os traballadores reciban o salario que se lles debe. Sinalan que, ademais, no caso de que se produzan novos incumprimentos retomarán este conflito laboral, que se rexistra na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés durante os últimos meses.
Relacionadas:
-
Continúa en pé a folga de Ambulancias Civera: pararán o mércores se non teñen "garantía por escrito" de solución
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Convocan unha nova folga en Ambulancias Civera: "os compañeiros de coordinación conviven con ratas"
Por Anxo Lourido |
-
Volven as protestas laborais para reclamar a Ambulancias Civera que cumpra os acordos co Sergas
Por María José Pita & Mónica Patxot & Anxo Lourido | Creada e actualizada
-
O Sergas prepara un novo contrato para o servizo de ambulancias en Pontevedra e O Salnés
Por Oskar Viéitez |
-
Convocada a folga indefinida en Ambulancias Civera a partir do martes 17 de xaneiro
Por Redacción |
-
Reclaman no Parlamento de Galicia a rescisión do contrato de Sanidade con Ambulancias Civera
Por Redacción |
-
Carmela Silva reclama a intervención do presidente da Xunta para resolver a "situación intolerable" da sanidade pública
Por Redacción |
-
Persoal de Ambulancias Civera péchase no Hospital Montecelo para denunciar impagos do salario
Por Anxo Lourido | Creada e actualizada
-
Ambulancias Civera responde ás acusacións da CIG e admite que o concurso do servizo foi "deficitario desde o principio"
Por Redacción |