Traballadores do Consorcio de Bombeiros denuncian falta de persoal que o día de Reis obrigou a pechar o parque de Vilagarcía
Por Redacción
O comité de empresa do Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento da provincia de Pontevedra denuncia a "preocupante situación" vivida o 5 de xaneiro de 2023 tras o peche temporal do parque de Vilagarcía de Arousa debido á falta de persoal nos parques de Ribadumia e Bueu.
Os representantes dos traballadores dos parques do Porriño, Bueu, Ribadumia e Vilagarcía fan esta denuncia á vez que esixen que se aborde "dunha vez por todas" e "o máis rápido posible" o "preocupante problema" de falta de medios que viven.
Ademais, aseguran que é maior polo "paulatino envellecemento" do persoal, ao non incorporarse nos últimos anos novas remesas de bombeiros. Esta situación levou a que en máis dunha ocasión se atopasen de garda dotacións enteiras por encima dos 50 anos.
No caso da situación vivida o 5 de xaneiro, o problema liquidouse "pola responsabilidade e bo facer" dos bombeiros, que, segundo relata o comité, "non dubidaron en deixar compromisos familiares" na noite de Reis para que a zona estivese correctamente cuberta.
Doutra banda, denuncian que cada parque do Consorcio atende a entre 5 e 15 concellos con 72 efectivos distribuídos na maior parte do ano en gardas de 3 bombeiros. Esta situación "de mínimos", segundo explican, "vense arrastrando desde hai 20 anos" e afecta directamente o servizo.
Así, aseguran que pon en risco a saúde e seguridade dos bombeiros, por non poder levar a cabo os procedementos de traballo tal e como están deseñados, e, ademais, no caso de haber algunha baixa sobrevinda, a situación de mínimos obriga a pechar o parque, como pasou o pasado 5 de xaneiro durante un período de tempo, "deixando desatendidas zonas preferentes de atención", o que aumenta os tempos de resposta e empeora o servizo que se presta.
Relacionadas:
-
Bombeiros dos parques comarcais de Galicia abordan a Deputación para demandar mellores condicións laborais
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O Parque de Bombeiros de Vilagarcía, sen servizo este luns debido ao conflito laboral
Por Anxo Lourido |
-
O parque de bombeiros de Vilagarcía pechou este xoves por falta de persoal
Por Oskar Viéitez |
-
Os bombeiros do consorcio provincial convocan unha folga indefinida
Por Oskar Viéitez |
-
Xunta e Deputación aproban o paso ao modelo de xestión directa nos catro parques comarcais de bombeiros da provincia
Por Redacción |
-
O consorcio contra incendios dota os parques da provincia dun novo camión-escaleira
Por Redacción |
-
Crean a comisión para abordar a xestión directa dos parques comarcais de bombeiros
Por Redacción |
-
O pleno do consorcio provincial contra incendios aproba un orzamento de 3,7 millóns de euros
Por Oskar Viéitez |
-
Os bombeiros dos parques provinciais de Pontevedra cobrarán o mesmo que os do resto de Galicia
Por Oskar Viéitez |