Campo Lameiro pasará do 32% de cobertura en fibra óptica ao 100% en dous meses
Por Oskar Viéitez
Telefónica Movistar comprometeuse co Concello de Campo Lameiro a que o municipio pasaría do 32% de cobertura actual de fibra óptica ao 100% no mes de febreiro.
Así o comunicou o alcalde, Carlos Costa, despois de tramitar varias queixas e reclamacións ante o Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico así como ante a Xunta e as compañía de telecomuncacións.
Para avanzar na instalación da fibra óptica en todo o concello, unha técnica de Movistar estará o vindeiro luns 19 de decembro de 9:30 a 14 horas e de 15:30 a 19 horas no Consistorio para atender as demandas de contratación e as incidencias que poida presentar a instalación deste servizo.
Os veciños que poden pasar consulta na fase inicial serán aqueles que residan en Campo Lameiro (zonas de A Lagoa, Lameiro e Cascaneda), Gargallóns, Laxe, Cerdeiras, Morañó, Painceiros, Couso, Armonda, A Brea, Muimenta, Mullerboa, Fontenla, Redonde e Polígono Industrial A Facha.
O compromiso adquirido por Telefónica aplicarase en dúas quendas. Así, a primeira, prevista para o mes de xaneiro, contemplará a implantación da fibra óptica nos lugares de Rozas, Castriño, Fornelos, Paredes, Praderrei, Reboredo, Liñariños, Arrotea, Parada e San Isidro de Montes. Unha vez feito o despliegue habilitarase tamén outro día de cita para dar de alta o servizo e atender calquera problema de instalación que se puidera producir.
Finalmente, no mes de febreiro a fibra óptica chegará a Castro de Orto, Cimadevila, Padín, Fafide, Liñares, Lamosa, Alende, Chacente, Caneda e Morillas.
Segundo manifestou o alcalde Carlos Costa, "deste xeito atenderíase as demandas da veciñanza en materia de implantación da fibra óptica e o acceso a internet de alta velocidade que favorecerá o teletraballo e o acceso con garantías a calquera plataforma e sistema de ocio interactivo do cal se carecía no muncipio e motivara as reiteradas queixas e protestas por parte do Concello ante o Ministerio e organismos competentes, así como ante Telefónica, para que resolveran o grave problema de aillamento tecnolóxico no que nos estabamos a quedar".
Relacionadas:
-
A Comunidade de Montes de Fentáns quere poñer en valor a ruta de sendeirismo entre a ponte e a Capela de Lixó
Por Redacción |
-
Concentración en Barro polos cortes de servizo por parte de Movistar
Por Redacción |
-
O centro urbano de Ponte Caldelas ofrece wifi gratis a través de 10 puntos de acceso
Por Redacción |