O centro urbano de Ponte Caldelas ofrece wifi gratis a través de 10 puntos de acceso
Por Redacción
O casco urbano de Ponte Caldelas estrea wifi gratis a través de 10 puntos de acceso situados nas principais prazas.
Trátase dun paso máis para avanzar na dixitalización do municipio que, cabe recordar, é o único de toda Galicia que conta con fibra óptica de alta velocidade en todos os núcleos de poboación do rural.
Os puntos de acceso están ubicados na Praza de España, Alameda, Praza de Fornelos de Montes, Praza de Cotobade, Praza do Bispo, Praza de Frei Antonio Orge, Praza de Praceres Castellanos Pan, Praza baixo a Ponte de Madeira, no novo aparcadoiro central e na Praza de Abastos.
Os usuarios da rede deberán de buscar a wifi WIFI4EU, conectarse e aceptar os termos e condicións de uso e disporán de 12 horas diarias de navegación gratuita a alta velocidade. A fase de probas iniciouse o día 12 e leva xa máis de 200 conexións establecidas. Neste momento funciona a pleno rendemento e próximamente contará cunha velocidade de transferencia de 600Mb/s.
O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, destaca a importancia de contar cun concello conectado á alta velocidade, algo imprescindible nos tempos actuais.