Internet de ata 600 megas de velocidade para cubrir todo Ponte Caldelas
Por Redacción
Todas as aldeas de Ponte Caldelas contan con fibra óptica, segundo informa o goberno local. Nas últimas horas, a empresa local de telecomunicacións Áurea despregaba a rede de fibra óptica no lugar de Taboadela, a única aldea do municipio que non dispoñía ata o de agora deste servizo.
A velocidade é de 600 megas reais de subida e baixada. Segundo o goberno de Andrés Díaz, trátase dun servizo de gran calidade ao que moitas grandes cidades non teñen acceso. Esta posibilidade de conexión a Internet atópase tanto no Polígono Empresarial da Reigosa como no centro urbano da vila e nos 33 núcleos de poboación.
Segundo indica o alcalde, a veciñanza de Taboadelo xa pode solicitar a alta no servizo, que se realiza de maneira practicamente inmediata. Indica que a tardanza da implantación de internet neste lugar do municipio se debía a que estaba considerado como "zona branca" ao ser un espazo dotado dunha subvención concedida polo Goberno central en 2017 a Telefónica, empresa que finalmente non chegou a poñer en marcha o servizo.
Desde o Concello entenden que estas posibilidades no rural favorecen a chegada de familias doutros puntos para instalar os seus domicilios en Ponte Caldelas.
Relacionadas:
-
O centro urbano de Ponte Caldelas ofrece wifi gratis a través de 10 puntos de acceso
Por Redacción |
-
Sobradelo, Cornazo e Carril contarán con banda ancha a partir deste ano
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas pide explicacións ao Goberno e a Telefónica pola falta de fibra óptica en Taboadelo
Por Redacción |
-
R prepara o despregue da súa rede de fibra ao fogar en Ponte Caldelas
Por Redacción |