Sobradelo, Cornazo e Carril contarán con banda ancha a partir deste ano
Por Redacción
A subdelegada do Goberno, Maica Larriba, reuniuse este xoves co alcalde de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela, para abordar as actuacións do Programa Único-Banda Ancha no termo municipal e que permitirán a máis de medio millar de casas, naves e empresas da localidade contar, a partir deste ano, cunha conexión a internet ultrarrápida, é dicir, dunha velocidade de 100 megas ou superior.
A actuación, que será implementada por Teléfonica —a empresa adxudicataria—, engloba a execución de 44 proxectos para levar a banda ancha de última xeración ata 522 vivendas e empresas do municipio a través da fibra e enmárcase no Programa de Universalización de Infraestruturas Dixitais para a Cohesión ÚNICO-Banda Ancha, incluído no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e impulsado polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital.
En todos casos, as actuacións realizaranse en "zonas brancas de cobertura", é dicir, en áreas que non teñen cobertura de redes de banda ancha nin tampouco previsión para recibila por parte dun operador nun prazo de tres anos con base a plans de investimento cribles.
O 80 % das intervencións aglutínanse na parroquia de Sobradelo, Carril e Cornazo e no barrio de Faxilde.
No marco deste programa, na provincia de Pontevedra investiranse 6,4 millóns de euros en proxectos que beneficiarán a 58 concellos e a 17.973 familias ou empresas.