Novas inundacións na avenida Dona Urraca de Caldas de Reis
Por Redacción
Segundo a información facilitada por Protección Civil de Caldas, entre as 23.00 e as 01.00 horas desta noite efectivos deste servizo de Emerxencias tiñan que intervir na avenida dona Urraca, vía que conecta o centro urbano, a través da Rúa Ferrería, coa carrretera EP-8004 polo risco existente para a circulación de vehículos.
Un chuvasco durante a noite con choiva intensa provocaba estas bolsas de auga derivadas do desbordamento da rede de sumidoiros nesta zona causando dificultades para o tráfico que a esas horas percorría a contorna tanto da avenida dona Urraca como da travesía Dona Urraca en Caldas de Reis.
A auga tamén ocupou beirarrúas chegando ata as portas dos edificios nesta zona residencial do municipio. Axentes da Policía Local e integrantes de Protección Civil achegábanse ata o lugar para regular o tráfico.
Relacionadas:
-
Elaboradas as bases do plan provincial de axudas polas inundacións dos temporais
Por Redacción |
-
Estudan a construción dun tanque de tormentas para previr inundacións en Caldas
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Caldas, anegada pola borrasca, con rúas, vivendas e comercios cheos de agua e un coche atrapado
Por Natalia Puga | Creada e actualizada