![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/741/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MgJyq/Lzc52L8gt0zCwMdI_/_wNDHSSU/NKUot0SvILlKxrAQ==_/63668bd237-9cefd948-aad8-4746-98a3-65f69b6befa6.jpeg)
© Asociación Mujeres en Igualdad de Pontevedra
'Gritos', de Alba 'Fada', relato gañador do concurso escolar contra a violencia de xénero
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/ff8/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjK0UipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0inJL1CyrgUA_/63668c1ac7-2db2f3d6-9d46-4fbe-bf3a-5981bd547461.jpeg)
© Asociación Mujeres en Igualdad de Pontevedra
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/bb4/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/63668c3ac7-882efdf7-b3f3-4b76-967e-5ef52bf8e37b.jpeg)
© Asociación Mujeres en Igualdad de Pontevedra
O concurso escolar contra a violencia de xénero, organizado pola Asociación Mujeres en Igualdade da Provincia de Pontevedra, xa ten gañadora da que é a súa primeira edición.
Trátase de Alba 'Fada' do IES Illa de Ons e o seu relato 'Gritos', o elixido de entre os 30 participantes de tres colexios da provincia. O centro Chavea concursou con cinco relatos; o CPI Mosteiro Meis, con seis; o IES Illa de Ons, con 13, un de profesora e seis fóra de concurso.
Nun emotivo acto celebrado este venres, subiron ao escenario Beatriz Piñeiro, presidenta da Asociación, e Belén Rubido, maxistrada do Xulgado do Penal número catro de Pontevedra, especializado en violencia sobre a muller, onde explicaron que, ao tratarse de temática sobre a violencia de xénero, estivo dirixido a nenas, pero "o próximo concurso estará aberto tanto a nenas como a nenos", indicaron.
"Este premio xorde grazas á valentía dunha muller que decide apostar pola súa liberdade, polo seu empoderamento e di non a unha chantaxe, a unha imposición, a un control, unha historia sen datos persoais que preserva a confidencialidade", por iso a temática principal estivo relacionada coa violencia de xénero e como empoderarse para dicir "non" e saír dela.
Explicou Piñeiro, ademais, a importancia de colaborar entre todos e de reflexionar para abordar a violencia de xénero desde outras perspectivas, e encargouse de ler o relato da profesora para despois darlle a palabra á Maxistrada Belén Rubido, que leu o relato gañador e fixo entrega do premio á súa autora.
Alba 'Fada' recibiu un colar que pertenceu a unha muller vítima de violencia de xénero para facer del un símbolo de empoderamento.
Relacionadas:
-
A responsabilidade dos homes e o negacionismo no foco da campaña do 25N en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Chelo Loureiro, Paula Cons e Lucía Catoira, premios "Mulleres no foco 2022"
Por Redacción |
-
O Museo acolle unha mostra colectiva sobre a muller, a identidade e o xénero
Por Redacción |
-
O 90 % dos homes axuizados por violencia de xénero resultan condenados
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Unha de cada catro vítimas da violencia de xénero en Pontevedra son mulleres estranxeiras
Por Redacción |
-
"Non sei se as mulleres senten protexidas pola Xustiza española, pero estano. O sistema funciona e é duro"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |