Aprobados os orzamentos da Deputación para 2023
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
A Deputación de Pontevedra aprobou este venres nun pleno extraordinario o orzamento de 2023, que aumenta nun 6,55% con respecto a 2022 e que supón poñer a disposición da provincia un total de 187,35 millóns de euros ao sumar aos 181,63 millóns do presuposto os 5,72 millóns de remanentes deste ano.
Na defensa das contas provinciais, o deputado socialista Carlos López Font sinalou que este é "el presupuesto más ambicioso de toda la historia de la institución" e que ten o obxectivo de acometer unha potente inxección económica no territorio para enfrontar a crise.
En liñas xerais, segundo explicou, o Plan Concellos aumenta ata os 44 millóns de euros en transferencias directas, amais doutras accións, que suman 24,85 millóns, que revalidan á Deputación como "la institución provincial que más recursos transfiere a los concellos".
Pola súa banda, o vicepresidente da Deputación e voceiro do BNG, César Mosquera, insistiu en que estas contas son "ambiciosas, expansivas e prudentes".
O portavoz do grupo provincial do Partido Popular, Jorge Cubela, criticou que os orzamentos "non están á altura" xa que "non son realistas" e "deixan orfos aos concellos e aos vecinos".
Cubela lamentou que non se destine aos concellos o incremento do orzamento, que sumando os remanentes suponen que a Deputación contará con 11 millóns de euros máis en 2023, "pero para o Plan Concellos só destinan unha pedrea de un millón de euros e as transferencias aos concellos baixan case un 5%" a pesar, engadiu, de todas as demandas "dos alcaldes de todas as cores políticas".
"Reclamamos uns orzamentos municipalistas e estos non o son", destacou Cubela para xustificar a enmenda á totalidade do proxecto de orzamentos presentado polo Goberno provincial. "É una enmenda de devolución, non de substitución" dixo Cubela asegurando que "non queremos cambiar nada porque cando gobernemos faremos os noso propios orzamentos". Con respecto a persoal, sinalou o PP que PSOE e BNG van rematar 8 anos de goberno tendo amortizadas prazas de xefaturas de servizo, para crear postos directivos, "é dicir, políticos a dedo facendo funcións de funcionarios, impedindo a carreira profesional e colocando a comisarios políticos para o control de todo".
Carlos López Font reprochou a "demagoxia" do Partido Popular e comparou os 44 millóns do Plan Concellos cos 4,7 millóns que dedica a Deputación de Ourense ou coa "conxelación do Fondo Local da Xunta". "Se les debería poner la cara colorada pero es verdad que el cemento y el hormigón armado no cambia de color", afirmó Font. "No tienen argumentos, son absolutamente vanales y ponen cara seria como si se lo creyesen", engadiu.
Na súa réplica Cubela apuntou que "están moi nerviosos. O tsunami político que ven en España está ás portas e seguro que o Partido Popular vai recuperar moitas alcaldías na provincia de Pontevedra", concluíu o portavoz do PP.
Finalmente, con 16 votos a favor e 11 en contra quedou aprobado inicialmente este presupuesto para 2023.
Relacionadas:
-
Carmela Silva insiste en negarse a presentar o orzamento no Parlamento "por unha cuestión de principios"
Por Anxo Lourido |
-
Un Plan Concellos de 44 millóns no que "os pequenos son os que máis reciben"
Por Oskar Viéitez |
-
O PP rexeita os orzamentos "antiprovincia" da Deputación porque "deixan orfos aos concellos e aos veciños nun ano negro"
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Carmela Silva presenta o último orzamento deste mandato na Deputación aínda que está segura de que presentará máis no futuro
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |