Concentración en Barro polos cortes de servizo por parte de Movistar
Por Redacción
Este mércores tivo lugar unha protesta polos cortes de suministro por parte de Movistar Telefonía que se están a ocasionar en Barro e tamén no concello de Meis.
A mobilización estivo encabezada polo presidente de AsemBarro (Asociación de Empresarios de Barro), Xesús Moreira; a alcaldesa de Meis, Marta Giráldez Barral; e o alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes.
Empresarios e comerciantes de Barro, convocados pola asociación Asembarro, concentráronse en San Antoniño, ante o Concello, en protesta polos continuos cortes no servizos da internet, teléfono e televisión que padecen desde o mes de xuño, "con perdas incalculables xa que se deixan de facer servizos e xestións".
No mes de xuño 5.000 persoas dos municipios de Barro e Meis sufrían un grave corte derivado dunha "avaría masiva" ocasionada por unha sabotaxe no servizo da internet ao producirse un corte dos cables de fibra óptica na central de Curro. Trátase dunha das situacións máis graves que padeceron os residentes nestes concellos, pero non a única.
Este acto pretende ser un chamamento á empresa de comunicacións para que resolva o problema canto antes xa que está a causar prexuízos tanto a empresas como a particulares. A concentración da asociación empresarial está apoiada polo Concello de Barro e tamén polo de Meis.
Relacionadas:
-
Alertan da posibilidade de interferencias na TDT debido á instalación da tecnoloxía 5G
Por Redacción |
-
Campo Lameiro pasará do 32% de cobertura en fibra óptica ao 100% en dous meses
Por Oskar Viéitez |
-
Asembarro convoca unha concentración este 5 de outubro polos cortes de internet
Por Redacción |
-
Unha sabotaxe deixa sen internet a máis de 5.000 veciños de Barro e Meis
Por Oskar Viéitez |