Regresan no outono os cursos de extensión universitaria da UNED con máis de 150 opcións
Por Redacción
O Centro Asociado á UNED en Pontevedra acaba de finalizar o proceso de preparación e lanzamento do novo programa de Extensión Universitaria que espera superar no curso 2022-23 o récord do pasado ano, durante o que se realizaron 300 actividades polas que pasaron máis de 15.000 persoas.
"A idea é non só manter senón superar estas cifras. A oferta é moi variada, de idiomas, temas culturais, filosofía, dereito, preparación de oposicións, educación...", manifestaba o coordinador de Extensión Universitaria e Actividades Culturais, Rafael Cotelo Pazos.
Dende a UNED Pontevedra faise un balance moi positivo do exercicio anterior en canto a número, calidade e alta participación dos cursos e actividades desenvolvidas. O departamento que coordina Rafael Cotelo márcase como obxectivo e lema para este ano "superarnos a nós mesmos".
Cotelo Pazos destacou dentro da oferta educativa o curso de Coordinador/a de Benestar e Protección nos Centros Educativos e respecto diso sinalaba que "na UNED estamos moi atentos ás necesidades formativas que se van creando e na última reforma lexislativa en temas de educación contémplase esta figura que están a exercer moitos profesores, pero que carecen de titulación algunha para desempeñala. Desta maneira e con este curso van poder obtela".
Así mesmo, o departamento de Extensión Universitaria da UNED en Pontevedra seguirá impartindo cursos e actividades relacionadas coa adquisión de competencias dixitais básicas para a xente maior, proxectos de cooperación internacional, ensino de todo tipo de idiomas (chinés, ruso, árabe, inglés, francés, xaponés, entre outros), o progama UNED senior, con novidades como baileterapia e unha infinidade de iniciativas.
TODA A INFORMACIÓN NA WEB DA UNED
Na páxina web da Universidade Nacional a Distancia (UNED) en Pontevedra (https://www.unedpontevedra.com/) están xa expostos máis de 150 cursos coas súas datas de programación anticipada para que o alumnado e todas aquelas persoas que desexen inscribirse nalgún deles poida realizalo comodamente en liña e a través da secretaría electrónica.
"Pretendemos facilitar a formación e a participación da xente a través dun acceso rápido, fácil e cómodo a través da nosa web e tamén facilitamos a posibilidade de seguir a práctica totalidade destas actividades e cursos de maneira telemática en liña, tanto en directo como en diferido. Antes xa da pandemia estabamos a traballar neste sentido e a chegada do confinamento e as restricións da Covid-19 aceleraron o noso salto á formación dixital e agora somos punteiros nesta materia", sinalaba Rafael Cotelo.
Relacionadas:
-
A UNED inaugura un novo curso apelando á necesidade de visibilizar á muller
Por Redacción |
-
Dous venres de portas abertas na UNED para dar a coñecer a súa oferta académica
Por Redacción |
-
Finalizados "con éxito" os cursos de verán da UNED
Por Redacción |
-
A UNED abre o mes de xullo cos cursos de verán
Por Redacción |
-
A UNED solidarízase con Ucraína ofrecendo cursos de español para poboación refuxiada
Por Redacción |
-
Pazos galegos, feminismo ou psicoxeriatría serán obxecto dos próximos cursos da UNED
Por Redacción |