Dous venres de portas abertas na UNED para dar a coñecer a súa oferta académica
Por Redacción
Os dous próximos venres, 23 e 30 de setembro, o centro da UNED en Monte Porreiro terá unha xornada de portas abertas para facilitar que o novo alumnado coñeza o método de estudo e a oferta formativa deste centro universitario, cuxo prazo de matrícula permanece aberto ata o 21 de outubro.
O Centro Asociado á UNED en Pontevedra, que este ano cumpre o seu 50 aniversario, abrirá o venres 23 en horario de 17.00 a 18.00 horas e o día 30 en horario de 15:30 a 19.00 horas.
A iniciativa diríxea o coordinador de Extensión Universitaria e Actividades Culturais, Rafael Cotelo Pazos, e actuará como relator Patricia Otero Balboa, coordinadora do COIE do Centro Asociado da UNED en Pontevedra.
O próximo curso académico 2022/2023 a UNED engade á súa oferta formativa dous novos graos, Enxeñería da Enerxía e Educación infantil, sen nota de corte.
O grao de Educación infantil está destinado a formar especialistas en educación de nenas e nenos escolarizados entre 0 a 6 anos.
O grao en Enxeñería da Enerxía pretende facer fronte aos retos tecnolóxicos formando aos futuros profesionais con coñecementos sólidos nas disciplinas básicas e xeneralistas, inherentes ao exercicio profesional dun enxeñeiro, que sexan capaces de contribuír en materias de sustentabilidade, eficiencia global, ética profesional e cuantos elementos permitan a particulares, empresas e institucións instaurar políticas enerxéticas de aforro, sustentabilidade e racionalidade na xeración e o uso da enerxía.
O proceso de matriculación da UNED realízase totalmente en liña, e os estudos cúrsanse a través dunha metodoloxía en liña e semipresencial. Tamén permanece aberta a matriculación para o Curso de Acceso á Universidade para Maiores de 25 e 45 anos.
Relacionadas:
-
A UNED inaugura un novo curso apelando á necesidade de visibilizar á muller
Por Redacción |
-
Regresan no outono os cursos de extensión universitaria da UNED con máis de 150 opcións
Por Redacción |
-
A UNED clausura a VI edición do seu campus 'Inglés na miña contorna' celebrado en Portas
Por Redacción |
-
Finalizados "con éxito" os cursos de verán da UNED
Por Redacción |
-
A UNED invita o presidente do Senado a asistir aos actos do 50 aniversario do Centro Universitario en Pontevedra
Por Redacción |