"La menor distracción al volante puede tener las peores consecuencias"
Por Redacción
"Ninguna llamada, mensaje o whatsapp es más importante que nuestra vida, pues la menor distracción durante la conducción puede tener las peores consecuencias", sinalou este venres a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba.
A subdelegada supervisou un operativo da Garda Civil de Tráfico no marco da nova campaña especial de control das distraccións da Dirección Xeral de Tráfico (DXT), que se desenvolve ata o día 13.
Precisamente, unha das distraccións máis habituais ao volante é o uso do teléfono móbil. O ano pasado na provincia de Pontevedra 3.024 condutores foron sancionados por empregar o móbil mentres conducían. Maica Larriba sinalou que "si comparamos esta cifra con los datos de 2019, el crecimiento de las denuncias fue del 39%, lo que demuestra que el endurecimiento de las sanciones llevado a cabo en la reforma de la ley de Tráfico era muy necesario".
Na presentación da campaña, que tivo lugar no quilómetro 111 da estrada Nacional-550 en Pontevedra, a subdelegada estivo acompañada por Manuel Varela Salorio e Luz Pato López, membros da Asociación de Persoas con Lesión Medular e Outras Discapacidades Físicas (ASPAYM) aos que lles agradeceu a participación. Así mesmo, estivo presente Paula Yubero, xefa provincial da DXT e Antonio Piteira, capitán da agrupación de tráfico da Garda Civil.
A Federación Nacional ASPAYM colabora coa DXT nesta iniciativa implicando a voluntarios con lesión medular que acompañarán aos axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil nos seus controis na estrada en diferentes puntos de España, co obxectivo de concienciar coa súa presenza das consecuencias e secuelas irreversibles que pode ter unha pequena distracción ao volante.
A colaboración enmárcase dentro do seu traballo de sensibilización que realizan baixo o título de "Non corras, non bebas, non cambies de rodas" que levan a cabo xa desde 2007 e dentro da que se inclúen diferentes iniciativas que teñen os testemuños persoais como eixo central.
A condución distraída ou desatenta estivo presente no 32% de todos os accidentes con vítimas mortais rexistrados no ano pasado na totalidade do país. Na provincia de Pontevedra ese dato é lixeiramente inferior, pero crecendo con respecto aos anos anteriores, porque mentres nos anos 2019 e 2020 a distracción estaba presente aproximadamente no 25 por cento dos accidentes, o ano pasado esa cifra xa creceu ata o 29 por cento.
"Estas campañas de especial vigilancia siguen siendo muy necesarias", dixo a subdelegada que puxo como exemplo que na celebrada o ano pasado entre o 16 e o 22 de setembro, controláronse 5.354 vehículos e denunciouse a un 6,27 %, moi por enrriba da media nacional que se situou no 2,21%.
Desde o 1 de xaneiro ata o 31 de agosto se rexistraron cinco falecidos nas estradas interurbanas pontevedresas. No ano 2019, último ano comparable sen ter en conta o efecto das restricións da Covid-19, os falecidos foron 18 neste mesmo período e no 2020, aínda coas restricións de mobilidade, os mortos nas estradas provinciais alcanzaron a cifra de 14 persoas ata o 31 de agosto. O ano pasado esta cifra foi de 17 persoas.
"A pesar de la reducción numérica en cuanto al número de víctimas mortales no nos podemos contentar ya que el número global de accidentes aumentó en la provincia", informou a subdelegada. Deste xeito, se comparamos o período do 1 de xaneiro ao 31 de agosto do ano 2019 co mesmo período deste ano o número de accidentes incrementouse nun 11%. "Tanto los fallecidos cómo como los heridos graves y leves se redujeron en un 35%", engadiu.
Relacionadas:
-
Preocupación nas autoridades de Tráfico polo aumento de alcoholemias positivas en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Tráfico intensifica os controis co Nadal "para que todos poidan volver coas súas familias"
Por Natalia Puga |
-
Ferido un policía nun accidente na autovía de Marín
Por Oskar Viéitez |
-
Doce condutores positivos en alcol e sete intoxicacións etílicas na noite da Festa da Auga
Por Redacción |
-
Tráfico prevé uns catro millóns de desprazamentos entre xullo e agosto na provincia de Pontevedra
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Unha semana co ollo máis atento á velocidade de vías convencionais e urbanas
Por Redacción |
-
A carreira Ponle Freno desembarca en Pontevedra para axudar ás vítimas de accidentes de tráfico
Por Redacción & Cristina Saiz | Creada e actualizada
-
Tráfico lanza unha campaña en Galicia centrada na seguridade de peóns, ciclistas e motoristas
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |