Tráfico prevé uns catro millóns de desprazamentos entre xullo e agosto na provincia de Pontevedra
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
A partir deste luns 4 de xullo, e ata o domingo 10, coincidindo co arranque da "Operación verán" a Dirección Xeral de Tráfico (DXT) puxo en marcha unha campaña de control de velocidade que incide especialmente nas estradas convencionais (as que dispoñen dun só carril en cada sentido) e nas vías urbanas. Ademais da Garda Civil de Tráfico, súmanse á campaña as distintas policías locais.
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba acudiu este luns a un control de tráfico establecido pola Garda Civil na estrada N-550 á altura da parroquia pontevedresa de Cerponzóns, fronte á coñecida discoteca A Lúa. Larriba estivo acompañada da xefa provincial de Tráfico, Paula Yubero.
"A nosa provincia é especialmente sensible ao período vacacional" ha incidido Maica Larriba. Durante os meses de xullo e agosto estímase que haberá uns catro millóns de desprazamentos na provincia de Pontevedra, que afectan maioritariamente as zonas costeiras.
A previsión é que as principais vías de comunicación da provincia de Pontevedra rexistren unha maior intensidade de tráfico, como é o caso da autoestrada AP-9, a A-52 e a A-55. Tráfico tamén sinala ás estradas nacionais N-550, N-541, N-542 e N-120, ademais das vías autonómicas PO-308, PO-531, PO-542, PO-548, PO-549, PO-550 e PO-552.
Maica Larriba chamou a atención sobre os "desprazamentos curtos" que se producen xeralmente para acudir ás praias ou zonas de lecer, "é necesario extremar a vixilancia e atención ao volante porque neses desprazamentos curtos prodúcense moitos dos accidentes".
Unha vez máis se reiterou a mensaxe xa coñecida de "máxima atención a motoristas e ciclistas porque son moito máis vulnerables e aos peóns, que poden andar sobre as beiravías, e sobre todo, ollo aos teléfonos móbiles" xa que ningunha chamada ou mensaxe xustifica abandonar a atención á condución "e, desde logo nada de alcol ao volante".
Segundo os datos ofrecidos pola subdelegada do Goberno, dos máis de 97.000 controis de alcoholemia realizados nos cinco primeiros meses deste ano, o 2,71% foron positivos e 233 condutores foron postos a disposición xudicial por un delito contra a seguridade viaria.
Máis rechamante resulta a porcentaxe de consumo de estupefacientes, aínda que o volume de probas practicadas é menor que o das alcoholemias o 52% dos test de drogas lanzaron un resultado positivo e 735 condutores tiveron que ser denunciados por infracción administrativa.
No balance destes seis primeiros meses que levamos de ano, Maica Larriba afirmou que "de momento podemos ser optimistas porque nas estradas da provincia levamos só, e dicir ‘só’ doe, tres vítimas mortais" aínda que leste mesmo domingo produciuse un sinistro en Cangas do Morrazo cun falecido e un ferido grave "que supón un mal comezo e unha noticia triste na campaña de verán que estamos a iniciar".
Neste primeiro semestre o número de sinistros incrementouse en case un 20% "pero os accidentes mortais foron menores, así como o número de falecidos". En canto ao número de feridos graves mantense igual que no mesmo período do ano pasado e os feridos leves rexistran un pequeno descenso.
Tamén hai que destacar que a mobilidade rexistra un aumento tras dous anos de pandemia.
Relacionadas:
-
A DGT pon en marcha ata o domingo 20 unha campaña especial de control de alcol e drogas
Por Natalia Puga |
-
"La menor distracción al volante puede tener las peores consecuencias"
Por Redacción |
-
Dúas persoas resultan feridas en accidentes de tráfico rexistrados en Poio e Sanxenxo
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Detido un mozo por conducir drogado, carecendo de carné e mentindo sobre a súa identidade
Por Redacción |
-
Luisa Fariña, nova responsable da Policía Local de Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |
-
Só dúas gasolineiras da comarca teñen o diésel por baixo dos 2 euros o litro
Por Redacción |
-
Un motorista ferido tras sufrir unha caída no Grove
Por Redacción |
-
Unha semana co ollo máis atento á velocidade de vías convencionais e urbanas
Por Redacción |
-
Leborei estreará o luns a sinalización que restrinxe o tráfico entre as casas
Por Redacción |