Ferido un veciño de Sanxenxo de 77 anos ao envorcar o seu chimpín
Por Oskar Viéitez
Un home de 77 anos resultou ferido este venres ao envorcar o vehículo agrícola que conducía.
Segundo informa o Concello de Sanxenxo o accidente ocorreu sobre as 10.30 no lugar de Recarei, na parroquia de Dorrón. O motocultor con remolque, tamén coñecido como chimpín, no que circulaba este home envorcou nun desnivel dun metro de altura. O home quedou atrapado polas pernas.
Estas mesmas fontes indicaron que a vítima presenta feridas e contusións en pernas, polo que foi derivado nunha ambulancia medicalizada ao Hospital Montecelo de Pontevedra.
O Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia informou do suceso Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao Servizo de Emerxencias de Sanxenxo, os Bombeiros do Salnés, a Garda Civil e á Policía Local de Sanxenxo.
Relacionadas:
-
A Policía Local de Sanxenxo tramitou 985 denuncias de tráfico só no mes de xullo
Por Redacción |
-
Ferido un veciño de Meaño de 27 anos nun accidente na autovía do Salnés
Por Oskar Viéitez |
-
Incendios, accidentes ou velutinas, principais intervencións do servizo de emerxencias
Por Redacción |
-
O "festival cultural" de Sanxenxo programa máis 40 actividades en 21 localizacións diferentes este verán
Por Redacción |
-
Os sindicatos alertan do "caos" no servizo de Urxencias do Hospital Montecelo
Por Oskar Viéitez |
-
Dúas persoas resultan feridas en accidentes de tráfico rexistrados en Poio e Sanxenxo
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Unha muller resulta ferida nun atropelo nun paso de peóns en Areas
Por Redacción |