Unha muller resulta ferida nun atropelo nun paso de peóns en Areas
Por Redacción
Unha muller resultou ferida na tarde deste mércores tras sufrir un atropelo cando cruzaba a estrada PO-308 por un paso de peóns á altura de Areas, en Sanxenxo.
Segundo a información oficial facilitada polo Concello de Sanxenxo, a muller foi trasladada un centro médico para a súa observación pormenorizada por parte dos facultativos, pero, en principio, "non resultou ferida de gravidade".
Ata o lugar do accidente mobilizouse un amplo dispositivo de medios de emerxencia que implicou á Policía Local de Sanxenxo, o servizo municipal de emerxencias, unha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia 061 e a Garda Civil de Tráfico.
Os axentes da Garda Civil de Tráfico regularon a circulación pola vía e instrúen dilixencias sobre o ocorrido.
Relacionadas:
-
Ferido un veciño de Meaño de 27 anos nun accidente na autovía do Salnés
Por Oskar Viéitez |
-
Incendios, accidentes ou velutinas, principais intervencións do servizo de emerxencias
Por Redacción |
-
Ferido un veciño de Sanxenxo de 77 anos ao envorcar o seu chimpín
Por Oskar Viéitez |
-
Dúas persoas resultan feridas en accidentes de tráfico rexistrados en Poio e Sanxenxo
Por Redacción | Creada e actualizada