Ferido un veciño de Meaño de 27 anos nun accidente na autovía do Salnés
Por Oskar Viéitez
Un veciño de Meaño de 27 anos resultou ferido este sábado tras sufrir un accidente de tráfico.
Segundo informou Emerxencias de Cambados, o sinistro tivo lugar na autovía do Salnés (AG-41), á altura da saída cara a Cambados e Ribadumia.
O mozo, de iniciais E. G. D. ía conducindo o vehículo e saíuse da vía por causas que se descoñecen. Foi evacuado ao Hospital do Salnés con dor cervical, dor nas pernas, dor torácica e unha posible fractura na clavícula dereita.
Na mesma madrugada, os efectivos do Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados tamén tiveron que intervir noutro accidente de tráfico en Dena (Meaño).
Neste caso a condutora do vehículo non precisou asistencia sanitaria.
Relacionadas:
-
Dá positivo en drogas tras protagonizar catro accidentes en Poio e Pontevedra
Por Redacción |
-
Ferido un veciño de Sanxenxo de 77 anos ao envorcar o seu chimpín
Por Oskar Viéitez |
-
Dúas persoas resultan feridas en accidentes de tráfico rexistrados en Poio e Sanxenxo
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Unha muller resulta ferida nun atropelo nun paso de peóns en Areas
Por Redacción |