Incendios, accidentes ou velutinas, principais intervencións do servizo de emerxencias
Por Redacción
O servizo municipal de Emerxencias de Sanxenxo realizou un total de 325 intervencións ao longo do primeiro semestre deste ano, segundo informou o Concello.
De todas elas, destacan os 50 incendios aos que acudiron. Catorce foron urbanos, nove en mobiliario e sete en vehículos. Ademais, atenderon nove lumes forestais, dous incendios industriais, dous marítimos e un de carácter eléctrico.
A eles súmanse as vinte colaboracións prestadas a outros servizos de emerxencias.
En canto a accidentes de tráfico, Emerxencias de Sanxenxo realizou 47 intervencións no primeiros seis meses do ano, segundo consta na memoria do servizo.
Outros operativos foron para a limpeza de vías (28), retiradas de postes e cables (22), risco de caída de elementos estruturais (15), caída de árbores ou ramas (8), inundacións (8), movemento de contedores ou mobiliario (6), escapes de gas (2) e accidentes laborais (2).
En canto aos rescates, o servizo contabiliza ata xuño un total de nove rescates de animais, dez en contorna urbana, tres no rural e seis no medio acuático.
As intervencións por niños de avespa velutina foron 39, por animais (18) e preventivas (16).
Por días da semana, o rexistro revela un maior número de incidencias os martes (62) e os xoves (67), sendo os mércores (45) e os domingos (43) as xornadas de menor actividade.
O servizo municipal de Emerxencias Sanxenxo é un grupo supramunicipal que intervén ademais de en Sanxenxo, onde está a súa base, nos municipios de Poio, O Grove e Meaño.
Relacionadas:
-
Ferido un veciño de Sanxenxo de 77 anos ao envorcar o seu chimpín
Por Oskar Viéitez |
-
Unha muller resulta ferida nun atropelo nun paso de peóns en Areas
Por Redacción |
-
Un aparatoso accidente na vía rápida do Salnés sáldase sen graves danos persoais
Por Redacción |
-
Emerxencias de Sanxenxo realizou 605 intervencións en 2021, 176 máis que o ano anterior
Por Redacción |