Cruz Vermella Pontevedra súmase á campaña contra a 'basuraleza' retirando residuos na contorna do río Lérez
Por Redacción & Cristina Saiz
O proxecto Libera, de SEO/ Birdlife en alianza con Ecoembes, celebra a sexta edición de '1 m2 contra a basuraleza' este sábado 11 de xuño, coa realización dunha nova recollida de residuos na natureza na que participan miles de voluntarios en diferentes localidades.
En Pontevedra Cruz Vermella sumouse á xornada cunha recollida de lixo pola contorna do río Lérez que deu comezo ao redor das 10.00 da mañá, co obejtivo de poñer o seu gran de area sobre un problema que non só é estético, senón que xera graves problemas ambientais.
Esta campaña contra a 'basuraleza' pon o foco en todos aqueles residuos que son atopados na natureza e veñen derivados da acción humana.
Segundo o 'V Observatorio da basuraleza', elaborado por More Than Research para Libera, un 67% dos españois cre que o principal motivo polo que se tiran residuos á natureza é a despreocupación, polo que a concienciación ambiental pasa por ser unha das grandes solucións a este problema.
Unha vez finalizada a actividade, a intención é analizar os tipos de residuos atopados para coñecer que tipo de desperdicios atópanse en cada zona, e así poder enfocar nunhas futuro accións específicas na contorna que axuden a minimizar o impacto da 'basulareza' no medio ambiente.
Relacionadas:
-
Caldas incrementou as cifras de reciclaxe de 2022 nos contedores amarelos e azuis
Por Redacción |
-
Cruz Vermella Pontevedra ofrece axuda a mozos en educación non obrigatoria que queiran seguir formándose
Por Redacción |
-
Realizan unha batida na praia de Con Negro dentro da iniciativa '1m2 contra a basuraleza'
Por Redacción |
-
'1m2 contra la basuraleza' no río Gallo en Cuntis
Por Redacción |