'1m2 contra la basuraleza' no río Gallo en Cuntis
Por Redacción
A iniciativa denominada '1m2 pola natureza' converteuse neste 2021 en '1m2 contra la basuraleza' coa intención de facer máis evidente o problema que xeran os residuos que a cidadanía deixa abandonados en espazos naturais.
O colectivo SEO/BirdLife e Ecoembes desenvolven este proxecto denominado Libera, no que colaboran a Rede de Gobernos Locais + Biodiversidade. Desde estas organizacións afirman que o lixo que se atopa na flora e nas diferentes paisaxes contaminan a auga e o aire, coa posibilidade de afectar á fauna e a alimentación xerando danos na saúde e na calidade de vida.
Este sábado, a campaña de retirada de residuos do espazo natural acometíase na contorna do río Gallo no municipio de Cuntis. Ata alí desprazábase o alcalde Manuel Campos para participar tamén na recollida lembrando a importancia de implicarse polo río para mellorar a zona.