Realizan unha batida na praia de Con Negro dentro da iniciativa '1m2 contra a basuraleza'
Por Redacción
O Concello do Grove organizou este sábado unha batida na praia de Con Negro para limpala de residuos. Esta foi unha das 63 accións programadas neste día por toda Galicia no marco da iniciativa '1m2 contra a basuraleza', impulsada por SEO/BirdLife e Ecoembes, co apoio da Xunta de Galicia, e que busca loitar contra a presenza de lixo na natureza e sensibilizar á cidadanía sobre este problema medioambiental.
Os participantes estiveron durante dúas horas recollendo e clasificando o lixo que atoparon no areal e nas súas inmediacións, un traballo que se completará coa posterior caracterización destes residuos a través da App Basuraleza co fin de estudar o seu impacto no medio e sacar as oportunas conclusións.
Este tipo de accións levaranse a cabo durante todo o día en diversos espacios naturais de Galicia: 16 na Coruña, 9 en Lugo, 6 en Ourense e 32 en Pontevedra. En total participarán 600 voluntarios contra a 'basuraleza' en espacios de gran valor.
Relacionadas:
-
Cruz Vermella Pontevedra súmase á campaña contra a 'basuraleza' retirando residuos na contorna do río Lérez
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Voluntarios retiran máis dunha tonelada de unlla de gato na zona grovense de Rons
Por Redacción |
-
'1m2 contra la basuraleza' no río Gallo en Cuntis
Por Redacción |
-
Douscentos escolares limpan seis praias atopando numerosas máscaras enterradas
Por Redacción |