A calidade das augas da Ría e as certificacións internacionais avalan a xestión sostible de Ence

© Mónica Patxot

© Mónica Patxot

© Mónica Patxot
A Unión Europea vén de alertar de que os retos actuais en materia de clima e medio ambiente esixen unha resposta urxente e ambiciosa. "O futuro de Europa depende da saúde do planeta", declara o Consello Europeo.
A UE comprometeuse a lograr a neutralidade climática de aquí a 2050, cumprindo os seus compromisos no marco do Acordo internacional de París. Para conseguir este obxectivo, fai un chamamento a todos os axentes implicados para impulsar unha transformación da sociedade e da economía europeas, que terá que ser rendible, equitativa, respectuosa co medio e socialmente equilibrada.
Neste contexto, a biofábrica de Ence Pontevedra contribúe especialmente aos obxectivos verdes da Unión Europea en canto a ambición climática, á subministración de enerxía limpa, alcanzable e segura, a reducir a contaminación e preservar a biodiversidade.
CALIDADE DAS AUGAS NO ÁMBITO DA BIOFÁBRICA
Ence fixo da súa biofábrica en Lourizán unha das primeiras do mundo en desempeño ambiental no seu sector. Proba da calidade ambiental de Ence-Pontevedra é que se mantén a actividade marisqueira a súa contorna. Hai importantes bancos de marisqueo nos Praceres-Lourizán, lindando coa biofábrica, así como nas localidades próximas de Lourido, Combarro e Raxó.
Outra mostra da calidade ambiental é que na área da Ría de Pontevedra próxima á biofábrica hai dez praias co distintivo de bandeira azul da Unión Europea: Cabeceira en Poio; Portocelo, Mogor, Aguete, Loira e O Santo do Mar-A Coviña en Marín; e en Bueu, Lagos, Lapamán, Portomaior e Banda do Río.
A actividade de marisqueo e a existencia de dez praias co distintivo de bandeira azul da UE nas proximidades da biofábrica demostran a calidade da auga
De todos os areais galardoados nesta última edición hai que destacar que a praia da Banda do Río, xunto ao centro urbano de Bueu, lucirá por primeira vez a bandeira azul.
Desta forma recoñécese a excelencia na calidade das augas da Ría de Pontevedra.
Ademais, cabe destacar que o aire de Pontevedra mellorou todos os días de 2016 os estándares de Alta Calidade do Aire da OMS, sendo a única cidade costeira de Galicia que alcanzou eses niveis de calidade do aire e en cuxo ámbito se sitúa a biofábrica de Ence Pontevedra.
XESTIÓN AMBIENTAL TRANSPARENTE
A compañía, en liña coa excelencia da súa xestión ambiental e co seu compromiso coa transparencia, publica diariamente os indicadores ambientais desta planta nun apartado específico da súa páxina web (encepontevedra.com).
Con esta iniciativa, pioneira na industria española, a compañía pretende que calquera cidadán poida coñecer de primeira man os indicadores de impacto ambiental da biofábrica de Pontevedra e comparalos cos que determinan as normativas comunitarias (BREF, Documentos de Referencia sobre as Mellores Técnicas Dispoñibles para a prevención e o control da contaminación ambiental por parte das industrias europeas).
Ademais, Ence tamén pon ao dispor do usuario a declaración ambiental que publica anualmente e que pode consultarse na seguinte ligazón: Declaración Ambiental Ence Pontevedra.
COMPROMISO AMBIENTAL CERTIFICADO
O compromiso ambiental de Ence está baseado no folgado cumprimento de forma rigorosa e exhaustiva da normativa vixente, que establece os requisitos que deben cumprir todas as actividades relacionadas coa produción de celulosa e a xeración de enerxía renovable con biomasa.
Polas súas boas prácticas, a biofábrica de Ence en Pontevedra recibiu o certificado ambiental "Residuo Cero" que outorga AENOR a aquelas organizacións que levan a cabo unha xestión máis eficiente dos seus residuos e que son capaces de valorizalos.
A biofábrica de Ence Pontevedra obtivo diversos recoñecementos internacionais que avalan a súa excelencia ambiental
Ademais, a planta conta co Certificado do Sistema de Xestión Enerxética ISO 50001, certificándoa como empresa que leva a cabo durante o seu proceso produtivo un enfoque sistemático con respecto ao rendemento, a adquisición e o consumo de enerxía.
O compromiso da compañía coa sustentabilidade vese reflectido tamén a nivel internacional, coa obtención de diversos recoñecementos que avalan a súa excelencia ambiental.
Desde 2014, as súas biofábricas contan coa etiqueta ecolóxica Nordic Swan (ecoetiqueta dos países nórdicos) por cumprir cos criterios máis esixentes de respecto ambiental. En 2015 a Comisión Europea concedeu a Distinción Ouro á Biofábrica de Ence en Lourizán en recoñecemento á súa mellora ambiental nos últimos 15 anos.
Relacionadas:
-
ENCE espera que o Supremo manteña a prórroga para investir 395 millóns na fábrica actual
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A industria papeleira comprométese cun modelo produtivo circular e sostible
Por Noticia patrocinada |
-
A celulosa Naturcell de Ence transfórmase en bolsas de té sostibles e compostables
Por Noticia patrocinada |
-
Ence e LC Paper: a celulosa referente en sostibilidade que conquista mercados internacionais
Por Noticia patrocinada |
-
Día Mundial do aforro de enerxía: a contribución á descarbonización da enerxía renovable xerada con biomasa
Por Noticia patrocinada |
-
Bioeconomía forestal, fronte á crise enerxética e climática
Por Noticia patrocinada |