Pontevedra, cidade referente en sustentabilidade ambiental
Os últimos datos publicados confirman que a cidade de Pontevedra se atopa nunha posición privilexiada dentro do ránking de sustentabilidade das cidades españolas. A cidade do Lérez destaca pola súa calidade ambiental, tanto no relativo á calidade do aire que respira como das masas de auga que a rodean. A presenza de actividade económica comprometida e respectuosa coa contorna a beiras da ría favorece esta posición de privilexio de Pontevedra, o que redunda en beneficio directo da cidadanía que a habita.
Así, Pontevedra pode presumir de cumprir cos máis altos estándares que fixan as organizacións e entidades que se encargan de valorar os parámetros de saúde ambiental. No caso do aire, tras recompilar os datos de 258 estacións de punto de mostraxe contaminante, a avaliación da calidade do aire de Galicia en 2022, realizada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, reflicte unha excelente calidade do aire da capital pontevedresa en comparación con outras cidades españolas.
Con estes datos, a cidade destaca en materia de sustentabilidade ambiental, nunha contorna na que conviven áreas urbanas con zonas de carácter periurbano e rural, ata zonas de carácter industrial, que nos últimos anos evidenciaron unha melloría dos seus datos ambientais.
A excelente calidade da auga da Ría de Pontevedra é compatible coa realización de actividades turísticas, de marisqueo e industriais
Ademais, a Ría de Pontevedra é un exemplo de como a excelente calidade da auga é compatible coa realización de actividades turísticas, de marisqueo e industriais. De feito, a actividade marisqueira da Ría de Pontevedra acaba de pechar o mellor xuño da súa historia grazas á elevada calidade e aos bos prezos acadados pola ameixa e o berberecho.
Os últimos datos demostran, ademais, que a actividade do banco de marisqueo dos Praceres, o máis grande e rico da Ría de Pontevedra e do que dependen centos de familias na comarca, non se ve afectada pola realización de actividades industriais nas súas inmediacións.
Outra das probas que evidencian a boa saúde da Ría, plásmase na existencia de 28 praias distinguidas con bandeiras azuis da Comisión Europea na Ría de Pontevedra, seis das cales se atopan nas inmediacións de zonas eminentemente industriais: Portocelo, Mogor, Aguete, Loira, O Santo - Coviña e Cabeceira.
É nesta ría na que se sitúa a biofábrica de Ence Pontevedra, cuxa actividade se demostra compatible cos bos niveis ambientais que evidencia a contorna. Todo iso deixa patente o compromiso da compañía coa conservación dos valores ambientais nas zonas nas que opera. Para esta empresa, é unha prioridade o coidado do medioambiente e o desenvolvemento sostible das súas comunidades veciñas.
COMPROMISO AMBIENTAL CERTIFICADO
A compañía aposta por garantir a compatibilidade da súa actuación coa protección das contornas naturais e comunidades veciñas, cunha calidade ambiental contrastada e recoñecida, que mellora amplamente as máis esixentes normas e autorizacións ambientais europeas e españolas.
Recentemente, a compañía foi recoñecida coa Medalla Platino de Ecovadis, que a sitúa á vangarda mundial do sector da celulosa en sustentabilidade. Ademais, a axencia Sustainalytics, líder en cualificación de ESG, tamén identificou a Ence como a compañía máis sostible do seu sector. Así mesmo, a biofábrica da compañía en Pontevedra conta coa etiqueta ecolóxica "Nordic Swan"; coa Medalla Ouro da Comisión Europea, pola súa mellora ambiental; ademais de co certificado "Residuo Cero" de AENOR; e a súa celulosa recibiu a etiqueta EU Ecolabel. A súa biomasa tamén foi acreditada baixo o esquema "SURE", que asegura a súa sustentabilidade.
Relacionadas:
-
AENOR entrega un recoñecemento a Ence en Pontevedra por "20 anos de coidado do medioambiente"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Marisqueo e 28 bandeiras azuis avalan a calidade da auga da Ría de Pontevedra
Por Noticia patrocinada |
-
A calidade das augas da Ría e as certificacións internacionais avalan a xestión sostible de Ence
Por Noticia patrocinada |