Marisqueo e 28 bandeiras azuis avalan a calidade da auga da Ría de Pontevedra
A Fundación Europea de Educación Ambiental que cada ano identifica e recoñece a calidade das praias europeas coa concesión de bandeiras azuis, acreditou a excelente calidade da auga da ría de Pontevedra, demostrando a súa compatibilidade coa realización de actividades turísticas, de marisqueo e industriais.
Este recoñecemento avala que a biofábrica de Ence en Pontevedra non só cumpre folgadamente coa normativa vixente, senón que mellora amplamente as máis esixentes normas de autorizacións ambientais europeas e españolas, estando moi por baixo dos límites establecidos.
A compañía, que supervisa diariamente os parámetros ambientais establecidos na Autorización Ambiental Integrada e os indicadores BREF (que determinan as melloras técnicas dispoñibles para a industria) da Unión Europea, garante deste xeito, o funcionamento sostible da biofábrica.
CALIDADE DAS AUGAS NA CONTORNA DA BIOFÁBRICA
Ence fixo da súa planta de Lourizán unha das primeiras do mundo en desempeño ambiental no seu sector. Proba da calidade ambiental de Ence en Pontevedra é a presenza do principal banco de marisqueo fronte á biofábrica de Lourizán.
A actividade do banco de marisqueo de Os Praceres, o máis grande e rico da ría de Pontevedra e do que dependen centos de familias na comarca, non se ve afectada pola presenza da biofábrica nas súas inmediacións.
Dende as confrarías do fondo da ría de Pontevedra que traballan este e outros bancos próximos tanto a pé como a flote, destacouse que a actividade da biofábrica non interfere nin co marisqueo, nin coa pesca, actividades que están sometidas a controis de calidade e sanidade por parte das autoridades competentes.
Outra mostra da boa xestión ambiental de Ence, é que na contorna inmediata da biofábrica hai seis praias co distintivo de bandeira azul da Unión Europea (Portocelo, Mogor, Aguete, Loira, O Santo- Coviña, Cabeceira). No conxunto da ría de Pontevedra a excelencia na calidade das súas augas evidénciase no total de vinte e oito areais que posúen o distintivo azul: Area de Bon, Lagos, Lapamán, Portomaior, Banda do Río, Aguete, Loira, Mogor, O Santo- Coviña, Portocelo, Cabeceira, A Lanzada, Areas, Agra, A Lapa, Areas Gordas, Baltar, Bascuas, Canelas, Caneliñas, Espiñerio, Foxos, Major, Montalvo, Panadeira, Paxariñas, Pragueira e Silgar.
Ademais, dende 2014, a biofábrica de Pontevedra conta coa etiqueta ecolóxica Nordic Swan (ecoetiqueta oficial dos países nórdicos) por cumprir cos máis esixentes criterios de respecto ambiental e, en 2015, a Comisión Europea concedeu a Distinción de Ouro á biofábrica de Ence en recoñecemento á súa mellora ambiental nos últimos 15 anos.
CONTRIBUCIÓN AO CUMPRIMENTO DOS ODS
No ano 2015, todos os Estados membros da Organización das Nacións Unidas (ONU) aprobaron a axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible, un plan de acción a favor das persoas e o planeta no cal se engloban os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).
A través do seu modelo de negocio, baseado no aproveitamento sostible de recursos naturais renovables, Ence Enerxía e Celulosa contribúe ao cumprimento dos ODS, especialmente a aqueles enfocadas á produción de enerxía limpa e non contaminante, á acción polo clima e ao cambio do modelo produtivo e, no ámbito social, á xeración de empregos de calidade e á promoción da igualdade de oportunidades.