A industria papeleira comprométese cun modelo produtivo circular e sostible
O cambio climático é unha das grandes ameazas ambientais ás que se enfronta o planeta e un reto para as industrias e gobernos.
A Unión Europea fixou os seus obxectivos de redución de emisións de gases de efecto invernadoiro no ano 2050, un proceso paulatino que busca reducir as emisións entre un 80% e un 95% respecto ao nivel de 1990.
Este proceso de descarbonización está a conlevar un cambio nos modelos de produción, nos que xa se están substituíndo aqueles produtos baseados nos combustibles fósiles por outros con menor pegada ambiental e producidos cun uso sostible dos recursos renovables.
O MODELO CIRCULAR DA CELULOSA
A industria da celulosa xoga un destacado papel na economía circular e a descarbonización no noso país. Neste sector prodúcese unha dobre circularidade: a natural e a social.
A circularidade parte do compromiso da bioindustria da celulosa de fabricar produtos procedentes de fontes naturais renovables. Ademais, nos seus procesos utiliza como materia prima a madeira de especies arbóreas que se cultivan case na súa totalidade en plantacións locais.
Na fase de transformación da madeira tamén se busca a maior eficiencia, tanto ambiental como económica. Durante o proceso de fabricación, a estratexia industrial aséntase na optimización do uso das materias primas e da auga, a xestión responsable dos residuos xerados no proceso, a eficiencia enerxética e a redución da pegada de carbono.
Este modelo de produción tamén é base da circularidade en tanto que os produtos fabricados a partir da pasta se poden reciclar tras o seu uso. Ademais son capaces de substituír ao plástico e a outros materiais que non se poden reciclar.
Os produtos xerados na industria da celulosa e o papel cumpren coas características que demanda unha sociedade cada vez máis comprometida co coidado da contorna: orixe natural, renovables, reciclables e biodegradables.
XESTIÓN CIRCULAR E SOSTIBLE
A xestión forestal sostible responde ao modelo de economía circular ao usar madeiras de proximidade, ademais do fomento da plantación de bosques de crecemento rápido que son grandes consumidores de dióxido de carbono.
A produción de celulosa que se desenvolve na biofábrica de Ence Pontevedra supón un claro exemplo de economía circular
Estes procesos respectuosos co medio achegan riqueza ás zonas rurais de diversas maneiras: coa venda de madeira, fomentando a actividade e o emprego nos sectores forestais e loxísticos, e contribuíndo á fixación de poboación.
A produción de celulosa que se desenvolve na biofábrica de Ence Pontevedra supón un claro exemplo de economía circular, xa que no proceso priman as máximas de redución e reutilización.
Este compromiso coa innovación foi recoñecido por AENOR (Asociación Española de Normalización e Certificación) co selo ambiental "Residuo Cero", que acredita a Ence como unha organización que leva a cabo unha xestión eficiente dos subprodutos das súas instalacións, certificando a valorización da práctica totalidade dos residuos xerados polas súas biofábricas.
Tanto a planta de Pontevedra como a de Navia son capaces de valorizar a práctica totalidade dos subproductos que xeran. A través de innovadores procesos, non só evitan que estes materiais acaben a súa vida útil en vertedoiros, senón que se reintroducen na súa cadea de valor, ofrecéndolles unha nova vida.
En Galicia, a biofábrica de Ence en Pontevedra obtivo diferentes recoñecementos internacionais que acreditan o seu compromiso ambiental
Ademais, en ambas as instalacións Ence xera enerxía renovable utilizando biomasa forestal, é dicir, os subprodutos procedentes da madeira que non se destinan á produción de celulosa: casca e lignina. Deste xeito, as biofábricas son capaces practicamente de autoabastecerse energeticamente, á vez que contribúen a reducir a intensidade enerxética e a pegada de carbono.
Ence considera a sustentabilidade como un eixo fundamental do seu proceso produtivo e por iso desenvolve a súa actividade de forma respectuosa coa contorna na que opera. Isto permitiulle obter á biofábrica de Lourizán diferentes recoñecementos de ámbito internacional que acreditan o seu compromiso ambiental, baseado no folgado cumprimento, de forma exhaustiva, da normativa vixente.
Entre estas distincións, cabe mencionar a concesión da ecoetiqueta "Nordic Swan" ás súas instalacións de Navia e Pontevedra. Este selo ecolóxico oficial dos gobernos escandinavos certifica o cumprimento dos criterios máis esixentes de eficiencia e respecto ambiental. A planta de Lourizán conta, ademais, con Distinción Ouro da Comisión Europea, concedida á biofábrica en recoñecemento á súa mellora ambiental durante os últimos 15 anos.
Relacionadas:
-
Ence aposta polo I+D+i para o desenvolvemento de produtos sostibles
Por Noticia patrocinada |
-
A celulosa de Ence contribúe a dar resposta a un consumidor cada vez máis concienciado co medioambiente
Por Noticia patrocinada |
-
A calidade das augas da Ría e as certificacións internacionais avalan a xestión sostible de Ence
Por Noticia patrocinada |
-
A celulosa Naturcell de Ence transfórmase en bolsas de té sostibles e compostables
Por Noticia patrocinada |
-
Ence e LC Paper: a celulosa referente en sostibilidade que conquista mercados internacionais
Por Noticia patrocinada |
-
Guarro Casas e Ence: celulosa e sustentabilidade
Por Noticia patrocinada |
-
É posible unha alternativa natural ao plástico? A celulosa podería ser a solución
Por Noticia patrocinada |