Ence e LC Paper: a celulosa referente en sostibilidade que conquista mercados internacionais
O cambio climático é unha das grandes ameazas ambientais ás que se enfronta o planeta, e un reto para industrias e gobernos. Neste escenario, a chamada "economía verde" achega solucións a partir dos seus procesos produtivos sostibles e circulares.
Neste novo modelo, as empresas transformadoras xogan un papel fundamental. Ence, compañía líder en produción de celulosa sostible e en xeración de enerxía eléctrica renovable con biomasa, é un bo exemplo diso.
A celulosa producida na biofábrica de Pontevedra é un material con grandes posibilidades de futuro. Trátase dunha fibra natural, renovable, reciclable, biodegradable e moi versátil que, cunha produción sostible e medioambientalmente respectuosa, é a base de numerosos produtos de consumo habitual e é capaz de substituír ás fibras sintéticas producidas a partir do petróleo en multitude de aplicacións.
ENCE & LC PAPER, ALIANZA SOSTIBLE
Nesta liña, a firma LC Paper "apostou por converterse nun referente mundial en termos de sostibilidade na fabricación de papel", segundo recolle empresa papeleira na súa páxina web corporativa. Para lograr este obxectivo, provese da celulosa Naturcell de Ence.
Deste xeito, Ence e LC Paper traballan en colaboración para proporcionar produtos a partir de celulosa especial que se adaptan ás expectativas dos consumidores máis esixentes.
Esta celulosa non branqueada e sostible desenvolvida por Ence permite a LC Paper elaborar todo tipo de todo tipo de papel tisú e papeis de packaging non branqueados, que presentan altos estándares de sostibilidade: menor consumo de madeira, auga e enerxía no seu proceso de produción e unha redución da pegada de carbono, entre outros.
Entre as súas especialidades está o papel tisú para gran distribución e colectividades, desde papel hixiénico ata toallas secamáns ou industriais. Como mostra, nos primeiros meses da pandemia, LC Paper anunciaba a súa entrada nos lineais das grandes superficies mediante a súa nova gama de papel Dalia de produción sostible: sen plástico, sen emisións e sen branqueantes, tanto nos rolos hixiénicos como na embalaxe de cartón. Ademais elabora bolsas e envases a base de celulosa para hostalería e restauración, alimentación ou calquera tipo de comercio.
CELULOSA NATURCELL, INNOVACIÓN E RESPECTO POLO PLANETA
A materia prima para a elaboración dos produtos de LC Paper atópase na celulosa Naturcell, desenvolta por Ence. Trátase dun dos produtos que forman parte da marca "Ence Advanced", con maior demanda do mercado..
A celulosa producida nas biofábricas de Ence é unha aliada da transición ecolóxica cara a un novo modelo de consumo. Ofrece unha alternativa renovable e de orixe natural ao uso de fibras sintéticas e plásticos, consome recursos e auga nunha cantidade considerablemente inferior á pasta estándar, o seu uso permite obter produtos biodegradables e reciclables e, deste xeito, contribúese ao desenvolvemento dun modelo circular, así como á bioeconomía do futuro.
A estes beneficios, súmase o valor engadido de poder dispoñer en territorio nacional de toda a cadea de produción de celulosa como a de Ence, desde o monte ata a súa factoría e desde a biofábrica ata as plantas dos fabricantes de papel, como a de LC Paper en Besalú-Xirona. Deste xeito, conséguese unha produción máis sostible, con menor pegada ambiental e un servizo loxístico máis seguro.
Todas estas características, ás que se une o proceso único de fabricación de LC Paper coa súa tecnoloxía propia "OnePly" de alta eficiencia, confiren aos produtos elaborados dentro desta alianza con Ence e a súa celulosa Naturcell unhas características de sostibilidade únicas, moi apreciadas nos mercados internacionais.
Tanto Ence como LC Paper comparten esta visión estratéxica, que lles leva a unha investigación continua para o desenvolvemento de produtos competitivos e sostibles. Ambas empresas contan co aval de certificacións ecolóxicas de referencia no sector.
Relacionadas:
-
Ence aposta polo I+D+i para o desenvolvemento de produtos sostibles
Por Noticia patrocinada |
-
A celulosa de Ence contribúe a dar resposta a un consumidor cada vez máis concienciado co medioambiente
Por Noticia patrocinada |
-
A calidade das augas da Ría e as certificacións internacionais avalan a xestión sostible de Ence
Por Noticia patrocinada |
-
A industria papeleira comprométese cun modelo produtivo circular e sostible
Por Noticia patrocinada |
-
A celulosa Naturcell de Ence transfórmase en bolsas de té sostibles e compostables
Por Noticia patrocinada |