A partir de maio serán contratadas por 140.875 euros novas obras para sanear augas residuais de Caldas
Por Redacción
Manuel González, concelleiro de Medio Ambiente en Caldas, informaba este martes dos traballos que se están a desenvolver en Caldas para tentar levar o saneamento ao máximo número de lugares do municipio.
Neste momento xa se executaron ou se atopan nunha fase moi avanzada obras cun importe de 1.269.000 euros, entre as que destacan as obras para renovar o saneamento e a instalación do separativo de augas pluviais e residuais na Rúa Real, cun investimento de 320.000 euros do Plan Concellos da Deputación e da área de Rehabilitación Integral ( ARI).
Tamén están en marcha as obras do saneamento de Paraimas, con 196.000 euros de orzamento, financiadas tamén a través do Plan Concellos. E xa se finalizaron obras de saneamento e de construción da depuradora en Paradela con 289.000 euros investidos, tamén a través do plan da Deputación.
Ademais, adxudicáronse as obras de saneamento en Tivo, Castiñeiros e Pazo, na parroquia de Santa María. Conectaranse á Estación Depuradora principal que se atopa no centro urbano en Corticeiras. As obras contan cun orzamento de 373.000 euros con 20 empresas presentadas á fase de licitación.
Ao longo do mes de maio contrataranse obras de saneamento no Camiño Real e na Rúa Ovellas, en Santa María; e no lugar de Follente, en Bemil, con 140.875 euros. En Pazo e Somonte realizarase unha obra na mesma liña combinada con traballos de urbanización da travesía Dona Urraca, con 200.000 euros de orzamento.
O goberno que dirixe Juan Manuel Rey quere asinar nos próximos meses o convenio con Augas de Galicia para que a entidade autonómica financie o 60% dos proxectos para Reguengo, en Godos; e para finalizar o saneamento de Paradela. Augas de Galicia achegaría 611.773 euros mentres que o Concello investiría 408.000.
Ademais, o Concello están en marcha os estudos para construír as depuradoras e saneamentos de Fieitoso e Igrexa, de Casaldrago e Ribocias; da primeira fase de Soutelo de Abaixo; dos lugares de Penalta, Ameal e Valsordo; ademais de Arousa e Lavandeira.
Segundo o concelleiro e o alcalde, o medio ambiente é o eixo vertebrador deste mandato cun investimento superior aos tres millóns de euros.
Relacionadas:
-
A explotación da depuradora das Corticeiras obtén unha boa calificación no último informe de auditoría
Por Redacción |
-
Caldas destina medio millón de euros a mellorar o saneamento na parroquia de Santa María
Por Redacción |
-
Convocadas novas subvencións da ARI de Caldas de Reis
Por Redacción |
-
A Deputación aproba tres millóns de euros en axudas para 11 concellos
Por Oskar Viéitez |
-
Juan Manuel Rey dará conta no próximo pleno dos cinco convenios a asinar coa Xunta
Por Redacción |
-
As obras na Rúa Real de Caldas durarán tres meses e custarán 285.000 euros
Por Redacción |