Os bombeiros liberan un home co brazo atrapado baixo a roda dun coche en Vilanova
Por Redacción
Un home acabou co brazo atrapado debaixo da roda dun coche en San Miguel de Deiro, en Vilanova. De momento, descoñécese como sucedeu este accidente, do que informou un veciño alertado polos berros de socorro do ferido.
Eran as tres desta madrugada cando esta persoa comunicou a través do 112 Galicia a presenza dun home atrapado por un brazo baixo a roda dun coche. Atopábase na PO-549, preto da Igrexa de San Miguel de Deiro, a onde acudiron os efectivos do Parque comarcal de Bombeiros de Vilagarcía de Arousa. Cando conseguiron liberar o ferido, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 prestáronlle os primeiros coidados antes do seu traslado ao centro hospitalario de referencia.
Ata agora, as causas deste suceso seguen sen estar claras, aínda que os bombeiros comprobaron como ao freo de man do vehículo faltáballe algún punto para quedar fixado completamente.
Este operativo contou tamén coa colaboración dos voluntarios de Protección Civil e a axuda técnica do sistema móbil avanzado de localización, que permitiu dar co ferido rapidamente.
Relacionadas:
-
Dúas persoas feridas nunha colisión frontal entre dous coches en Briallos
Por Oskar Viéitez |
-
Javier Seoane, o axente que recuperou o servizo de Policía Local en Vilaboa
Por Oskar Viéitez |
-
Martín Códax terá 'lombos' tras detectarse nela velocidades "inasumibles"
Por Alejandro Espiño & Diana Eiras |