O congreso do PP local de Pontevedra será o 7 de maio
Por Redacción
O Partido Popular celebrará o congreso local de Pontevedra o sábado 7 de maio, tal e como se acordou por unanimidade na xunta local do partido que se celebrou este martes.
A xunta directiva tamén aprobou o regulamento, que rexe todo o relativo á organización e funcionamento do congreso, así como os membros que forman parte da Comisión Organizadora.
O presidente será Juan Abeigón Vidal, e contará con Blanca García Señoráns como vicepresidenta e como secretaria Marta Arellano Segade. Os vogais serán Cesáreo Belsol Loureiro, Cristina Fernández Rodríguez, Pedro Barrio Ruiz e Seila Varela Barreiro.
Esta comisión será a encargada de coordinar, impulsar e dirixir todos os aspectos organizativos do congreso ata que se celebre, momento en que asumirá esas competencias a Mesa do Congreso.
PRESENTACIÓN DE CANDIDATOS
As persoas afiliadas do PP local que aspiren a presidir o partido poden presentar a súa candidatura ata o 20 de abril, que terá que ir acompañada como mínimo de 25 avais. Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidatos, abrirase unha campaña electoral interna para que as persoas candidatas poidan presentar e expoñer o seu programa para esta nova etapa e buscar apoios.
Relacionadas:
-
Rafa Domínguez formaliza a súa candidatura para renovar o seu liderado no PP de Pontevedra
Por Redacción |
-
Rafa Domínguez anuncia a súa candidatura para seguir presidindo o PP: "a miña intención é ser alcalde"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Ana Pastor e Alfonso Rueda, no novo Comité Executivo nacional do Partido Popular
Por Redacción |
-
Apoio unánime do PP pontevedrés a Núñez Feijóo para liderar o partido en Madrid
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada