Apoio unánime do PP pontevedrés a Núñez Feijóo para liderar o partido en Madrid
Por Alejandro Espiño
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Non hai dúbida no PP de Pontevedra. Alberto Núñez Feijóo debe ser o novo presidente do partido a nivel nacional. Así o están manifestando na xornada na que os afiliados deben apoiar a súa candidatura ao congreso no que se renovará a dirección da formación.
Desde primeira hora da mañá, cargos institucionais do PP pontevedrés, así como o resto de afiliados que se inscribiron nas primarias, acudiron á sede local do partido para mostrar o seu apoio a Núñez Feijóo e elixir os seus compromisarios para o conclave de Sevilla.
Entre outros, as personalidades que tiveron Pontevedra como punto de votación para estas primarias estiveron o portavoz municipal, Rafa Domínguez, a deputada autonómica Lupe Murillo ou o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda.
Ana Pastor, actual vicepresidenta segunda do Congreso, tamén desde a cidade do Lérez, asegurou que "sin ninguna duda" Alberto Núñez Feijóo será "no solo el mejor presidente o uno de los mejores" que tivo o partido "sino el mejor presidente que va a tener España".
"Todo el partido está emocionado y estamos todos trabajando en la misma dirección", sinalou a dirixente popular, que se mostrou convencida de que deste congreso sairá un PP "muy unido" e que reforzará o seu papel como alternativa de goberno.
Despois da crise que experimentou o partido, na que segundo a vicepresidenta segunda do Congreso "lo más importante era preservar el partido", o PP sae "reforzado" e con "muchas ganas" de que se celebren eleccións xerais en España.
De Alberto Núñez Feijóo, Ana Pastor destacou a súa "gran experiencia" como xestor, que é unha persoa que "gana elecciones" e que "sabe formar equipos", que levou a que "la Galicia de hoy no es la misma que la de hace trece años".
Alfonso Rueda, pola súa banda, destacou que "estamos comprobando que a campaña de Feijóo levantou moita expectación e iso demostra que estamos nunha nova etapa de ilusión e confianza" e asegurou estar convencido de que "co empuxe de todos" o actual presidente galego "fará un bo traballo".
Unha vez pechadas as sedes electorais do PP na provincia, comprobouse que votaran o 90,86% dos 3.743 afiliados inscritos. Desa cifra, o 99,85% foron votos a Núñez Feijóo e houbo cinco votos en branco.
Pontevedra será a provincia galega que máis representación vai ter en Sevilla, con 96 compromisarios, 86 electos e dez natos.
Relacionadas:
-
Alfonso Rueda, o 'herdeiro' do legado que deixou Núñez Feijóo en Galicia
Por Alejandro Espiño |
-
Alfonso Rueda, o relevo 'previsible' de Núñez Feijóo tras trece anos á súa sombra
Por Alejandro Espiño |
-
Alfonso Rueda presidirá a Xunta e o PPdeG tras pechar Feijóo a súa sucesión
Por Oskar Viéitez |
-
O congreso do PP local de Pontevedra será o 7 de maio
Por Redacción |
-
Ana Pastor e Alfonso Rueda, no novo Comité Executivo nacional do Partido Popular
Por Redacción |
-
Feijóo: "No vengo aquí a insultar a Pedro Sánchez, vengo a ganar a Pedro Sánchez"
Por Oskar Viéitez |
-
Feijóo reclama desde Pontevedra "cambios" no PP para abrir unha "nova etapa" e poñer fin ao seu "colapso"
Por Alejandro Espiño |