A Policía cesa á comisaria provincial por dicir: "Ya les gustaría a algunas que las violara un UIP"
Por Natalia Puga
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A Dirección Xeral da Policía cesou de forma inmediata á ata o de agora comisaria xefa provincial da Policía Nacional de Pontevedra, Estíbaliz Palma, por unhas declaracións nas que afirmou: "Ya les gustaría a algunas que las violaera un UIP", en alusión á unidade policial coñecida coloquialmente como antidisturbios.
Fontes oficiais do Ministerio do Interior confirmaron este martes a PontevedraViva o cesamento de Estíbaliz, unha decisión que se adoptou xa o luns, xusto despois de ter coñecemento desas declaracións a través do xornal Eldiario.es.
O xornal difundiu na noite do luns as declaracións e fontes oficiais de Interior confirman que, tras ter coñecemento delas, puxéronse en contacto coa propia Estíbaliz Palma, que confirmou o contido desas declaracións. "Lo admitió", afirman esta fontes.
Agora, segundo confirmaron desde Interior, ábrese o proceso para nomear substituto "por los cauces habituales".
Durante unha comida o pasado 11 de marzo en Vigo, a xa ex comisaria provincial dixo: "Hubo 48 horas en que parecía que la Policía Nacional se había transformado y, de repente, violaba, maltrataba y no sé qué cuántas cosas hacía más, que ya les gustaría a algunas que las violara un UIP".
Estíbaliz Palma realizou estas declaracións durante unha comida organizada no restaurante Lagareta de Vigo en homenaxe ao axente da UIP de Vigo Iván, obrigado a xubilarse tras resultar ferido grave en Cataluña no ano 2019 durante os disturbios contra a sentenza do 'procés'.
No medio do seu discurso, Estíbaliz Palma realizou máis bromas aludindo, por exemplo a Pozuelo de Alarcón, o seu destino previo a Pontevedra. A pesar de que cando ocorreron estes disturbios do 'procés' levaba xa un ano como comisaria en Pontevedra, afirmou nesta comida que daquela estaba na localidade madrileña e era "una plaza nacional, no republicana".
Entre risas dos presentes na comida tamén afirmou, en alusión ao homenaxeado e a súa esposa: "Detrás de un gran hombre hay una buena mujer, y dentro de poco será detrás de una buena mujer hay un buen hombre... o bien otra mujer, o un fluido, o un algo...", comentario ao que os presentes responderon: " Elles! Elles!".
Estíbaliz Palma tomou posesión como comisaria xefa de Pontevedra en novembro do ano 2018, converténdose na primeira vez neste posto. Xa 2015 fora a primeira comisaria local do Corpo Nacional de Policía de Ponferrada (León) e en 2016, a primeira na comisaría local de Pozuelo de Alarcón.
Natural de Bilbao, leva máis de dúas décadas no Corpo Nacional de Policía. Accedeu á Escala Executiva do Corpo Nacional como inspectora no ano 1992 e ocupou o posto de inspectora xefa no ano 2006 e de comisaria en 2014.
A maior parte da súa carreira profesional desempeñouna en Madrid, como xefa das seccións de Seguridade Cidadá e Policía Xudicial das comisarías dos distritos de Moncloa e Salamanca. Ademais, foi responsable do Departamento de Intervención e Investigación Policial do Centro de Altos Estudos Policiais da Dirección Xeral da Policía e responsable do Gabinete de Prensa da Xefatura Superior de Policía de Madrid
Relacionadas:
-
O ano máis negro do río Lérez
Por Natalia Puga |
-
A subdelegada destaca que as declaracións de Estíbaliz Palma "no son compartidas por los Cuerpos y Fuerzas de Seguridad del Estado"
Por Oskar Viéitez |
-
Carmela Silva e Fernández Lores entenden que o cese de Estíbaliz Palma era "absolutamente obrigado"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O delegado do Goberno, sobre as declaracións da comisaria: "non hai nin escusas nin xustificación e é intolerable"
Por Natalia Puga |
-
A comisaria de Pontevedra, nun programa para o liderado das mulleres nas Forzas de Seguridade
Por Redacción |
-
Pontevedra xa ten oficialmente a primeira muller comisaria da Policía Nacional de Galicia
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Estíbaliz Palma ten a primeira toma de contacto como nova responsable da Comisaría de Pontevedra
Por Natalia Puga | Creada e actualizada