A remodelación do ámbito do mercado de Seixo será financiada ao 100% pola Deputación
Por Redacción
Os 731.000 euros que se van a investir na recuperación do espazo público que rodea ao mercado de Seixo, en Marín, van a ser achegados pola Deputación de Pontevedra. A maior parte dos fondos, 548.000 euros, será a través do Plan ReacPon e o resto, do Plan Concellos.
A actuación abrangue un espazo que comprende un tramo da estrada Grupo Escolar, unha das arterias do núcleo urbano de Seixo, a avenida Otero Ulloa e o Camiño Vello, onde se vai incrementar o espazo peonil.
Crearase unha grande praza pública con forma trapezoidal, que se converterá nun lugar de esparexemento e goce do espazo público por parte da cidadanía así como nun lugar adaptado para usos múltiples de lecer, a carón do mercado de abastos.
Xunto á creación da praza reorganizarase o espazo, creando viarios de plataforma única e de preferencia peonil rodeando a praza, eliminando o carril de estacionamento e configurando un núcleo máis seguro, accesible, acolledor e respectuoso co medio ambiente.
Ademais adaptaranse e melloraranse a totalidade dos servizos municipais e infraestruturas.
Tras a sinatura do convenio, a alcaldesa de Marín, María Ramallo, destacou que esta remodelación "vai permitir dotar de novas facilidades urbanas e crear unha nova realidade no segundo casco urbano de Marín, a parroquia máis turística do concello".
Carmela Silva, pola súa banda, celebrou que a veciñanza de Seixo vaia a contar moi pronto dunha renovada contorna do mercado, "impulsando a mobilidade amable, a seguridade e creando espazos para facilitar a convivencia, facendo que os vehículos deixen de ser protagonistas da trama urbana para que sexan as persoas as que ocupen eses espazos".
Relacionadas:
-
O luns 23 conclúe o prazo para concorrer os dez postos libres nos Mercados de Marín e Seixo
Por Redacción |
-
A obra de remodelación da contorna do Mercado de Seixo está "bastante avanzada"
Por Redacción |
-
Piden unha parada de bus con marquesiña na contorna do Mercado de Seixo
Por Oskar Viéitez |
-
Comeza a transformación urbana do centro de Seixo, coa remodelación do entorno do mercado
Por Redacción |
-
O proxecto de humanización na contorna do mercado de Seixo é "claramente mellorable" segundo o PSOE
Por Redacción |
-
Sae a licitación a humanización da contorna do Mercado de Seixo
Por Redacción |
-
O Concello inicia as expropiacións para avanzar na humanización do mercado de Seixo
Por Redacción |