A obra de remodelación da contorna do Mercado de Seixo está "bastante avanzada"
Por Redacción
A alcaldesa de Marín, María Ramallo e o concelleiro Pablo Novas visitaron as obras de remodelación da contorna do Mercado de Seixo, acompañados de responsables da empresa construtora, da dirección de obra e dun técnico municipal.
A visita serviu para comprobar que o estado dos traballos estó "bastante avanzado" e que se cumpren os prazos inicialmente establecidos.
As instalacións subterráneas correspondentes á renovación de todos os servizos (redes de saneamento, abastecemento, iluminación, rega, soterramento de liñas de electricidade e de telecomunicacións) están executadas, a falta do cruzamento da avenida Dr. Otero Ulloa (PO-551) e as súas conexións nas beirarrúas, que levará a cabo durante a segunda semana de agosto.
Os muros que delimitan e conteñen a nova praza xa están preparados, quedando pendente a colocación da varanda de 90 cm de altura na parte superior para protexer o desnivel entre o vial posterior da praza e esta.
O pavimento das beirarrúas da Estrada O Grupo Escolar e do lateral do Mercado con Camiño Vello, así como a nova praza, execútase con laxas de granito, estando estes traballos "moi avanzados". A calzada deste vial, a nivel coas beirarrúas, xunto co vial posterior á praza, pavimentos ambos de formigón con acabado semi-pulido, "está previsto que queden executados a finais do mes agosto".
As xestións coa compañía de electricidade para o desprazamento do transformador ao interior do Mercado Municipal "están en marcha". O cableado de media e baixa tensión será renovado e instalado nas canalizacións que quedaron construídas baixo os pavimentos. Unha vez posto en servizo o transformador na súa nova localización retiraranse todos os postes e cableado aéreo que actualmente hai nesta zona, retirando así mesmo, a caseta existente en avenida Otero Ulloa.
A iluminación, parte do cal se instalará sobre columnas e parte en fachada, vai levar a cabo no mes de setembro. As obras remataranse cos elementos de mobiliario urbano, como bancos, fonte, papeleiras e xardinería, que inclúe arboledo na rúa Estrada O Grupo Escolar e na praza, e xardineiras con diferentes especies na praza e lateral do Mercado, estando previsto para finais do mes de setembro.
Relacionadas:
-
A piques de rematar a nova praza na contorna do mercado de Seixo
Por Redacción |
-
Avanza a bo ritmo a obra de remodelación do entorno do Mercado de Seixo
Por Redacción |
-
Piden unha parada de bus con marquesiña na contorna do Mercado de Seixo
Por Oskar Viéitez |
-
Comeza a transformación urbana do centro de Seixo, coa remodelación do entorno do mercado
Por Redacción |
-
A remodelación do ámbito do mercado de Seixo será financiada ao 100% pola Deputación
Por Redacción |