O luns 23 conclúe o prazo para concorrer os dez postos libres nos Mercados de Marín e Seixo
Por Redacción
O Concello de Marín alerta de que a opción de presentar ofertas para concorrer á concesión dos postos dispoñibles nas prazas de abastos de Marín e de Seixo finaliza o luns 23 de xaneiro.
Desde o goberno local lembraban, este sábado, que permanece aberta a licitación para a concesión durante un período de trinta anos destes espazos de venda.
Os postos que se ofertan son os seguintes:
No mercado de Seixo están libres dous postos de venda de peixe fresco; e outros dous para venda de produtos de carnicería, chacinería, conxelados, derivados da fariña, leite e derivados, pan, froita, verdura e outros produtos alimenticios, menos peixe fresco.
No mercado de Marín atópanse dispoñibles outros dous postos de venda de peixe fresco; un de carnicería, conxelados e demais produtos, agás peixe fresco; e tres de actividade comercial de diversa índole e actividades relacionadas coa hostalería.
Segundo o goberno municipal, a presentación de ofertas e documentación, ademais das notificacións e comunicacións entre o órgano de contratación e as persoas interesadas neste proceso realizarase exclusivamente a través da Plataforma de Contratación do Sector Público a través de https://contrataciondelestado.es