O Concello sorteará varios postos dos mercados de Marín e de Seixo
Por Redacción
O Concello de Marín iniciou os expedientes para recuperar a concesión municipal dunha serie de postos, tanto na praza de abastos de Marín coma no mercado de Seixo.
Estes postos levaban moito tempo sen ter actividade por parte dos actuais beneficiarios da concesión sen que houbera ningún tipo de causa xustificada.
Deste xeito, o Concello volverá sortear estes postos, que concretamente son dos de carnicería ou alimentación, dous para actividade comercial de diversa índole e un de servizo de bar no mercado de Marín (o de bar ubicado no Patio Norte). En Seixo, son dous destinados tamén a alimentación ou carnicería.
Para o Concello é "unha boa nova" que estes postos volvan ter actividade unha vez se realice o sorteo, "xa que son unha fonte de dinamización social e comercial, como toda a actividade que se desenvolve nos mercados de abastos".