Piden unha parada de bus con marquesiña na contorna do Mercado de Seixo
Por Oskar Viéitez
O grupo municipal do Partido Socialista en Marín propuxo ao Goberno local a compra do solar do bar Miramar para crear unha parada de autobuses con marquesiña, "ao noso entender, moi necesaria" nesta contorna do Mercado de Seixo.
Segundo Manuel Pazos, portavoz municipal do PSOE, "gastar 700.000 euros na obra da contorna do mercado de Seixo e deixar unhas ruínas á beira non ten sentido".
Os socialistas de Marín insisten en que "xa denunciamos no seu momento que se trataba dunha obra mal exposta desde o principio" xa que piden que se aborde "de maneira integral" que se actúe en todo o espazo comprendido entre o mercado de abastos e a estrada PO-551.
Os socialistas levarán ao próximo pleno unha proposta para elaborar un proxecto construtivo nese espazo e iniciar as conversacións coa propiedade e coa propia Xunta que conduza á creación dunha ampla parada de autobús con marquesiña.
Relacionadas:
-
Avanza a bo ritmo a obra de remodelación do entorno do Mercado de Seixo
Por Redacción |
-
A obra de remodelación da contorna do Mercado de Seixo está "bastante avanzada"
Por Redacción |
-
Comeza a transformación urbana do centro de Seixo, coa remodelación do entorno do mercado
Por Redacción |
-
A remodelación do ámbito do mercado de Seixo será financiada ao 100% pola Deputación
Por Redacción |