Rajoy e González censuran os "torquemadas por doquier" que non lles deixan opinar con "cierta tranquilidad"

Por Alejandro Espiño

© Foro La Toja-Vínculo Atlántico

© Foro La Toja-Vínculo Atlántico

© Foro La Toja-Vínculo Atlántico
O 'cara a cara' entre os ex presidentes do Goberno Felipe González e Mariano Rajoy foi o principal atractivo da programación da segunda xornada do terceiro Foro La Toja-Vínculo Atlántico, que se está desenvolvendo na illa da Toxa.
Ambos demostraron, do mesmo xeito que o pasado ano, a boa sintonía que existe entre eles e durante a súa charla analizaron diversos asuntos da política nacional e internacional, entre eles Cataluña ou a situación do poder xudicial en España.
E se en algo estiveron de acordo os dous dirixentes no seu queixume de que non lle deixan opinar "con cierta tranquilidad". Aínda que non aclararon a quen se refería, Rajoy e González denunciaron a existencia de "torquemadas por doquier" e de "25 o 30 inquisiciones".
"Tenemos un superávit monumental de ellos, como digas algo que vaya en contra de lo que alguien decidió que es lo que teníamos que hacer te atizan inmisericordemente", afirmou Rajoy. "Hay un montón de inquisidores que te echan los caballos encima", engadiu o socialista.
Durante a hora e media que durou a súa intervención no foro, os dous ex presidentes tamén coincidiron en defender o diálogo para rebaixar a tensión en Cataluña, pero sempre desde o "respeto" á Constitución e rexeitando amnistías ou referendos de autodeterminación.
González e Rajoy defenderon ademais o "régimen del 78" ao entender que nel pactouse un marco de convivencia "que no excluía a nadie" e que a xente "no puede saltarse a la torera"; e reclamaron un pacto entre PSOE e PP para renovar a cúpula do poder xudicial en España.
Nunha conversación que estivo moderada pola xornalista Gloria Lomana, os dous ex presidentes alertaron da "ingobernabilidad absoluta" que planea sobre España porque "como nos descoidemos en catro anos pode haber máis partidos que españois".
Isto impide, lamentou o dirixente do PP, os acordos en "grandes cuestiones" de Estado.
"Hay menos diálogo que nunca", asegurou Felipe González, algo que Mariano Rajoy referendou asegurando que "no son conversaciones, son diálogos de sordos".
Relacionadas:
-
A Toxa, de novo escenario do 'cara a cara' entre González e Rajoy
Por Redacción |
-
Pedro Sánchez anuncia que o AVE chegará a Galicia en decembro
Por Oskar Viéitez |
-
Prohíben as protestas da CIG ante o Foro La Toja polo prezo da luz e o peche de bancos
Por Redacción |
-
A Mesa denuncia agresións da Garda Civil na súa marcha en defensa do topónimo "A Toxa"
Por Redacción |
-
O Foro La Toja arranca no Grove apelando a defender a democracia das súas "ameazas"
Por Alejandro Espiño |