Pedro Sánchez anuncia que o AVE chegará a Galicia en decembro

Por Oskar Viéitez
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou este venres que a viaxe inaugural do AVE desde Madrid a Galicia realizarase en decembro.
Sánchez avanzou esa previsión do Goberno na súa intervención en clausúraa do III Foro La Toja, celebrado na illa da Toxa, xunto ao primeiro ministro de Portugal, Antònio Costa, e diante do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
"Va a ser realidad con un ahorro de casi una hora y media en el trayecto Madrid-Ourense", dixo o presidente do Goberno.
O anuncio fíxose no contexto dunha defensa da cohesión territorial.
A empresa pública ADIF Alta Velocidade iniciou xa a fase de probas de fiabilidade do tramo de 120 quilómetros entre Pedralba de la Pradería e Ourense. Unha vez conclúan de forma satisfactoria estas probas, ADIF Alta Velocidade notificará ás empresas ferroviarias que a liña se atopa en condicións de explotación para que poidan forman aos seus maquinistas.
O AVE utilizará os trens actuais que ten Renfe e sen transbordos, á espera de que en 2022 a compañía ferroviaria poida renovar a frota cos Talgo encargados en 2016, de mellores prestacións.
A presidenta de Adif, María Luisa Domínguez desvelou que se atopa negociando con novos operadores interesados en explotar diferentes liñas en España, incluso a da alta velocidade a Galicia.
Relacionadas:
-
Os billetes do AVE a Galicia saen este martes á venda
Por Alejandro Espiño |
-
A Xunta trasladará ao Goberno de España un plan de reforzo dos servizos de tren de proximidade
Por Oskar Viéitez |
-
A chegada da Alta Velocidade en decembro deixará en catro horas a viaxe entre Pontevedra e Madrid
Por Oskar Viéitez |
-
Rajoy e González censuran os "torquemadas por doquier" que non lles deixan opinar con "cierta tranquilidad"
Por Alejandro Espiño |
-
Prohíben as protestas da CIG ante o Foro La Toja polo prezo da luz e o peche de bancos
Por Redacción |
-
A Mesa denuncia agresións da Garda Civil na súa marcha en defensa do topónimo "A Toxa"
Por Redacción |
-
O Foro La Toja arranca no Grove apelando a defender a democracia das súas "ameazas"
Por Alejandro Espiño |