A Toxa, de novo escenario do 'cara a cara' entre González e Rajoy
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A cuarta edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico volverá reunir na illa da Toxa (O Grove) a grandes personalidades do mundo da política, a economía e a empresa. Será do 29 de setembro ao 1 de outubro. O congreso terá a Ucraína no recordo.
O premio anual que se entrega no marco do evento, que será entregado polo rei Felipe VI, foi concedido ao pobo ucraíno, como mostra de solidariedade coa súa capacidade de resistencia #ante a invasión rusa.
O embaixador de Ucraína en España, Serhii Pohoreltsev, estará presente no acto, e espérase que poida participar, ben presencial ou telemáticamente, o ministro de Exteriores ucraíno, Dmytro Kuleba, quen manterá un diálogo co seu homólogo español, José Manuel Albares.
O foro, ao que acudirá tamén o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, volverá ter o 'cara a cara' entre os ex presidentes Felipe González e Mariano Rajoy como un dos seus grandes atractivos. Será unha das principais citas da xornada do venres 30 de setembro.
O peche desa mesma xornada correrá a cargo de catro presidentes de comunidades. os de Galicia, Alfonso Rueda; Andalucía, José Manuel Moreno; Comunidade Valenciana, Ximo Puig; e Navarra, María Chivite, que debaterán sobre o reto demográfico e a cohesión territorial.
Ademais, intervirán o líder nacional do PP, Alberto Núñez Feijóo, o alto representante para a Política Exterior da UE, Josep Borrell, e ou a ex vicepresidenta primeira do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría, que falará sobre ciberseguridade.
Haberá mesas redondas sobre o mercado enerxético con representantes de Iberdrola, Enegás, Rede Eléctrica Española e o Operador de Mercado Eléctrico; ou sobre o papel de Iberoamérica na nova orde mundial, co ex presidente de Arxentina, Mauricio Macri.
O futuro da globalización, cunha conferencia na que participará o gobernador do Banco de España, Pablo Hernández de Cos; ou a alza da inflación serán outros dos temas que se abordará no marco deste foro, organizado polo Grupo Hotusa.